martes, 8 de febrero de 2011

RECORDANDO a "COPITO": gatiño negro adoptado en xaneiro


"copito" - adoptado en xaneiro no refuxio de bando
gracias ó mercadillo solidario de decembro 2010 e xaneiro 2011 este "peludín" xa ten casa!!!!
gracias a tania por ter esa paciencia que fai falla para estos casos,
este gatiño é un dos moitos gatiños da rúa de santiago,
que non poden volver á rúa,
pois se se volven soltar poden envelenalos ou matalos a pedradas ou con trampas.

Boas Virginia!

Despois de moito “sangre, sudor y lágrimas” (como dicía a película) dicirche que ó fin poido mandarche unha foto de Copito, q se deixou sacar coa webcam. Cousa rara! Porque é difícil collelo porque se esconde moito e ten algo de medo aínda.

A verdade é que tiven bastantes problemas con él por conta de que era totalmente asocial e non soportaba a nosa presencia. Tardamos como 3 semanas en que se deixara tocar e mesmo ver (sempre andaba agachado) pero xa vai no bo camiño! Aínda non é “normal” no sentido de que aínda é moi medoso pero xa se achega amodiño e mesmo ás veces é mimoso. En xeral é boíño, o único o medo, pero xa se lle irá indo, xa que mas últimas 2 semanas está mellorando a pasos axigantado.

Saúdos!

2 comentarios:

Tania dijo...

Gracias Virginia!
Só dicir, que vista a miña experiencia, cunha pouca de pacencia e "acosando" ó gatiño a mimos e xogos, lógrase un cambio radical. Con isto quero animar á xente a que non desesperen, porque pódense lograr cambios espectaculares se poñemos os medios.
Saúdos!
P.D.: nunca tivera mascotas ata agora, así que se unha "primeriza" puido, calquera pode ;)

vir dijo...

ola tania. claro que si se pode, hai que ter paciencia e como ti dis dar moitos mimos.

cando teñas + fotos, mándame!!!