miércoles, 16 de febrero de 2011

En exclusiva: “ollo ó can” entrevista a “Rafael o gato”

rafa, corre, non veñen!!!


que pasada... algo máis dura que ado xardín, pero me quitou o mono de rascar facer buracos.


mundial... botella case baleira (chea), se lle pego uns lambetazos... seguro que nin se enteran...

só foi un lambetazo!!! se non mo credes traede o soplador da DGT

lupito, ou te acheghas alá, ou che fago un nudo

lupito, cando colcue isto no facebook xa non vas ter máis admiradoras... todas pa min...

sol, soliño, quéntame un pouquiño... (versión, made in feito na casa)

cama portatil, modelo "colgante abatible", 2 plazas

máquina toda chea de forza centrífuga e centrípeta

En exclusiva: “ollo ó can” entrevista a “Rafael o gato”

O medio empregado foi o Chat, rafa moito máis práctico nisto pois ten unhas patucas pequenas, e foi a clase, ollo con máis dificultade debido ás súas patas grosas.

22:38 Ola ollo!

22:38 Ola!!! Rafa!!??

22:38 si... que tal? quería felicitarche polo teu blog, como xa che comentei nunha ocasión, seguímolo dende fai un tempo xa

22:40 o blog realmente é de miguel muñiz, eu publico dende setembro. as fotos son todas del, as de bando claro.

22:40 o das fotos xa o sabía, pero pensaba que eras ti o que levaba o blog

22:42 si, eu publico case todo agora. o de bando, o de outras protectoras, engado amigas protectoras, actualizo... pero foi creación del. eu despois de 2 anos, me deixou ser administrador. e xa ves, encantado.

22:42 Jajaja si, por iso agora se actualiza con máis frecuencia. A axuda dun can sempre é boa.

22:43 e ti eres gato ou gata??? ji ji ji

22:43 Jajaja gato!

22:43 hai lupita a gata, tamén é túa?

22:43 jajaja outra que picou! Lupita tamén é macho!

22:43 manda!!! e teu??? Xa me extrañaba o de lupita o gato.

22:44 ten nome de gata porque cando era pequeno pensaban que era femia

22:44 teu... teus

22:44 jajaja é o meu compañeiro de piso. a el encontrárono na Coruña de pequeniño. tamén estaba abandonado.

a min, como xa sabes, trouxéronme de Bando

22:45 cantos sodes?? vos levades ben con cans?? eu teño no refuxio moitos dos meus colegas!!

22:45 Nós levámonos moi ben, dende o primeiro momento. Con cans… non sei se seremos aptos. (ji, ji, ji)

22:45 cal era o teu nome alí??

22:45 o meu nome era Cereiro

22:46 canto hai xa??

22:46 adoptáronme en novembro do ano pasado, o 21. xa tiña uns 6 meses e estaba na parte dos gatos grandes

22:46 podías mandarme unhas fotos túas máis de lupita, e podía poñelas no blog... por certo, podía ser en forma de diálogo ou entrevista.

22:47 claro! podes collelas se queres xa do noso perfil, se se pode facer así, senón enviámosche outras

jajaja como ti queiras!

22:48 “ollo ó can entrevista a rafael o gato, o seu compañeiro certifica os datos” que che parece??

22:48 jajaja sabes, temos algúns "parentes" no refuxio. meus donos teñen apadriñados a Vento e a Uh

antes tiñan a Sombra, pero como saberás, morreu en xaneiro ou así

22:49 moi bo!!! creo que lles ía gustar ós meus amigos de 4 patas!!! e ós de 2 tamén!!

22:49 ademais, tamén levaron a Barcina, unha gatiña negra que encontraron no seu lugar de traballo

22:49 eu levo pouco, subo dende setembro!! co blog levo xa dende que empezou, como seguidor claro.

22:49 coñécelos?

22:50 case nada. os gatos nin idea... non me deixan achegarme a eles. pero podería preguntarlle a ventos, ou néboa, ou algún que se achegue ás gateras, e que saiba falar gatuno, claro.

vou copiar e pegar este chateo... e de aquí fago o artigo coas túas fotos. non te movas!!! logo cho mando ó teu perfil por mensaxe pa que mires antes de publicar

22:53 jajaja ok

22:54 xa o teño!!! cando o rectifique, xa cho mando!! hai mercadillo os 3, 4 e 5 de xaneiro, te achegas??? Agora que publico no blog me entero de todo!!!

22:55 intentaremos estar por alí, xa que a este último non asistimos. foi todo un éxito, non? se precisades axuda...

22:55 Si. A xente donou moitas cousiñas. temos que facer o cartel do mercadillo, e difundilo, e mandar nota de prensa, etc etc

22:56 un éxito!!! penso que vai axudar para mercar algunhas estufas, e facer arranxos

22:56 que ben! acordámonos moito dos animais que están no refuxio estes días de frío. sobre todo dos gatos, que somos moi frioleiros

22:58 Quieto!!!!

22:59 gardado! ok, en breve fago o artigo, xa collo fotos do teu perfil e do de lupita

22:59 colle as que queiras

22:59 o que si se tes algo que donar, é ben vido

22:59 pois pode ser. que tipo de cousas serven?

23:00 ah, hai 2 pax de ollo ó can, unha imos eliminala. quedamos coa do grupo.

de todo se entras no blog e vés o que se vai vender xa te fas unha idea

23:00 vale

23:01 tamén haberá este ano un cancerto, e un desfile, e saídas en área central, e seguimos coas de santiago

23:02 por certo, carpi non apareceu, verdade??!!

23:02 nada!!!

23:02 síntoo

23:02 por certo tratarás ben ós teus donos non??

23:02 jajaja claro, non lles fai falta despertador!

ás 8 en punto, coma un reló, póñome a gritar coma un tolo e a pasearme por riba das súas cabezas

23:03 non te movas que teño que copiar isto pao artigo

23:03 jeje teño que subir unhas fotiños da miña última fazaña

23:05 pillao!!! esa fazaña tes que engadila no artigo, non te esquezas.

23:05 jeje estou subindo novas fotos!

23:05 non teño avoa, pero miguel vai quedar impresionao con esta entrevista!!!

23:05 jajajaja e xa verás cando a difundamos entre os nosos amigos facebookianos! vanche chover eloxios!

23:06 eu non dou chafullado e chateao ó mesmo tempo, teño as patas moi grosas

23:06 jajaja

23:06 guau!!!!

23:06 eu son moi áxil! miauurrrrrrr

23:06 xa vexo!!!

23:07 viches que chaves de judo lle fago a Lupi?

23:07 vin. vin. teño que entrar no teu perfil... non te movas

23:07 ok están acabando de subirse as fotos... listo!

23:09 vin a das luces!!! a gardo!!o das luces eres ti ou lupita??

23:10 jajaja ningún! eso é dalgunha foto que nos etiquetaron

na nosa casa non houbo luces navideñas precisamente para evitar que eu fixera das miñas. se saes do meu perfil e volves a entrar xa as podes ver

23:13 xa as vin!! pero a foto vou gardala para outro artigo, logo xa che paso o enlace!!

23:13 jajaja. pero viches como quedou a cesta pouco despois?

saquei boa parte da terra do cacharro

23:14 xa vin, e non che dixeron nada??

23:14 non, cambiaron o cacharro de sitio e volveu pasar o mesmo

23:14 cal eres ti o atigrado ou o de cor café con leite??

23:14 ó final decidiron regalarlle a cesta á avoa. son o tijrillo

23:15 ou sexa, o atigrao gris...

23:15 ese mesmo

23:15 guau!!!

23:15 o que ten cara de travieso!

23:15 e lupita?? non se chiva?? ou se une??

23:16 eso é moi cansado! Lupi limítase a mirar. el sempre ten sono

23:16 ou sexa, cómplice...

23:16 digamos que me garda o segredo...

23:17 ji ji ji teño que deixarche que me reclama o meu dono pa ir mexar

23:18 jajaja. ok. nós imos ir para o sofá cos nosos pais! un saúdo e encantado de falar contigo

23:18 ok, non colgues que teño que pillar isto

23:18 Miauuuurrrrr

23:18 pillao, xa podes ir descansar, pa mañá seguir coas túas!!!

23:19 muahaha así será! moitos purrrr prrrrr para ti. boas noites!

23:19 guauuuuu!!!! boas noites, que frío saír agora mexar

23:20 pois si! eche o que ten ser can...

23:20 chao rafa, xa ven a correaaaaaaaaaaaaaa!!!

23:20 chao ollo! ata outra

No hay comentarios: