miércoles, 16 de febrero de 2011

en breve empezan as charlas nos centros educativos do patronato: Santiago, Ames, Teo, Brión, Vedra, Boqueixón: os rapaces e rapazas son o noso futuro




estes son algúns dos alumnos e alumnas do ies de ames que traballaron comigo creando historias dos cans do refuxio. medos, forellas, néboa, madonna, greiben... o que agora empeza a ser algo material, charlas nos ies e colexios, daquela era unha especie de ensaio. pois ben, quen meía dicir que no curso seguinte ía estar repartindo material polos centros escolares e a punto de dar charlas educativas de concienciación... o que non cambia en 20 anos pode facelo nuns intres. estes son os protagonistas directos de tódalas historias dos cans do refuxio que mandei o ano pasado a ollo. e con todo o cariño do mundo, dende aquí lles dou as gracias. estes últimos anos estou tan acostumada a oír gracias, gracias que me dan e gracias que dou. estes últimos anos medroume aínda máis o corazón, e por fín se materializa o que empezou cun proxecto anual de titoría dun ies collído ó chou ("era no que estaba, pero queda bonito iso de collido ó chou")

graciñas!!!!!!!!!


@s rapac@s son o futuro... algúns nin lles entra un mínimo de sensibilidade, outros son moi sensibles, pero hai cousas que si deben saber, e ademais diso eu digo sempre que son MOI RECEPTIVOS. aínda que moita xente se queixe dos xoves de agora (moitos tiñan que aprender deles), e que son así ou andando, PERO A VERDADE É QUE moitas das veces son máis comprensivos, se pode falar con eles, teñen nas súas clases educación polo medio, seguridade vial, educación para cuidar os montes, tratamento sobre a paz, as desigualdades, a non violencia... e ademais, por moito que se empeñe o mundo mundial en dicir que non reciben valores, non só os reciben, senón que os teñen xa, e moitos deles nos dan tropecentas voltas. hai 1 tanto por cento considerable de alumnado CAPULLO, pero hai un tanto por cento moitísimo maior de ALUMNADO BRILLANTE, ANIVEL ACADÉMICO E A NIVEL HUMANO.

sodes o futuro.

No hay comentarios: