viernes, 23 de noviembre de 2012

ORELLAS LONGAS VI

 
Facemos unha entrega máis sobre os fermosos e bos cans de orellas longas que hai en adopción no Refuxio de Bando: femias e machos de distintas razas e cruces, dende cachorros a cans adultos e avoíños. Todos estes seres marabillosos esperan ao seu rescatador, alguén moi especial como ti que lles dea un verdadeiro fogar.




Nome: AÚ
Data de ingreso: 09-08-2011
Sexo: macho
Raza: mestizo caza
Peso: 13 kg
Ano de nacemento: 2009
Pelo: corto
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Atopado nunha leira no camiño de Lermo, levaba 2 meses andando pola zona. Non se leva ben coas ovellas. Chega con moito medo.




ALAMAK
ALAMAK

Nome: 828-09 ALAMAK

Data de ingreso: 31-08-2009

Sexo: femiaRaza: cruce pointerx setter

Peso: 11 Kg

Ano de nacemento: 2009

Pelo: corto


Historia: Hai un aviso duns cans que vagabundean pola estrada, desfalecidos, asustados. Con moito traballo consigue collelos, estaban cheos de pulgas e moi moi delgados.



STOYKO
STOYKO
  
Nome: STOYKO

Data de ingreso: 05-12-2011

Sexo: macho

Raza: mestizo grifón

Peso: 12 kg
Ano de nacemento: 2011
Pelo: medio 

Esterilizado/a: Pendente

Historia: Seguramente se extraviou o domingo que é día de caza. É moi medoso.




TURRONA
 
Nome: 0192-12 TURRONA

Data de ingreso: 12-04-2012

Sexo: femia

Raza: mestizo grifón

Peso: 17 kg

Ano de nacemento: 2010

Pelo: medioHistoria: Atopada en San Lázaro, é moi boa e sumisa. Chega en bo estado.



FERRIÑO
Nome: 0171-12 FERRIÑO
Data de ingreso: 04-04-2012
Sexo: macho
Raza: mestizo beagle
Peso: 12 kg
Ano de nacemento: 2008
Pelo: corto
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Chega con outro can, son moi cariñosos.

 
SAROSA
"Sarosa" unha maravillosa azul de gascuña de tamaño mediano presumiblemente abandoada, que deambulaba pola zona de Pontemaceira e arredores, nese tempo mostrouse algo tímida mais non fixo mal a ninguén. A pobre chegou bastante enferma.
SAROSA


Nome: 0474-12 SAROSA 

Data de ingreso: 03-08-2012 

Sexo: femia 

Raza: azul de gascuña 

Peso: 24 kg 

Ano de nacemento: 2000 
 
Pelo: corto 

Esterilizado/a: Pendente
 

Historia: Apareceu perdida e trouxerona os de Protección Civil de Ames.
Chega parasitada e con sarna, non está moi ben e é moi vella.



NANO
Nome: 892-11 NANO
 
Data de ingreso: 02-10-2011
Sexo: macho
Raza: mestizo grifón
Peso: 13 kg
Ano de nacemento: 2010
Pelo: medio
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Estiveron buscándolle casa pero non atoparon, vivía cunha persoa maior e ao ser tan dinámico non o pode seguir tendo. Moi boíño e cariñoso.