Ola
Fai tempo que vos sigo. Gustaríame felicitarvos pola vosa páxina e pola vida que lle dades dun tempo a esta parte.
Quería contarvos que fai casi dous anos, adoptei unha cadela da perera de Olivenza En Badajóz, "Elfa".
Mirándo un enlace que tiñades na vosa páxina a vin e namoreime dela. En canto chamei o teléfono do enlace, unha voluntaría se encargou rápidamente de explicarme o que sabía dela e a súa situación, e ante a posibilidade de que eu poidera adoptala decidiu, pola súa conta, sacala da perrera para darlle unha oportunidade. Chamei, creo que o día seguinte para comunicarlle que me quedaba con ela, e nunca lle agradecerei demasiado que a sacara sin preguntar maís co risco de que lle dixéramos que non. Si non a houbera sacado, posiblemente non sobrevivira. Ocupouse de levala o veterinario e administrarlle todo tipo de medicación que lle foi recomendada. Estaba nunhas condiciós extremas e chegou pelexando por sobrevivir e cun medo tremendo á raza humana, especialmente ós homes. Agora xa está recuperada, é tremendamente agarimosa e bonita e estamos, si cabe, aínda maís namorados dela.
A voluntaria da perrera, "Cris", xunto con outros voluntarios fundaron unha protectora e siguen a difundir os cans que caen alí. Creo que a perrera ten varias denuncias, e tamén moitos cans que entran e se deterioran rápidamente.
E por iso que vos pido , que na medida do posible, difundades ós que ela de vez en cando me vai mandando, e si algunha persoa estivera interesada, contacte con ela de inmediato en:
APA VIBA
(Vitoria-Badajoz)
Os gastos de sacalos da perrera con chip, vacunación e o envío a Galicia, rondan os 60 Euros.Un afectuoso saúdo
Cristina
No hay comentarios:
Publicar un comentario