Máis alá de polémicas recentes, o certo é que o número de animais abandonados non diminúe. Que falla? Desde Abeiro mantemos que os refuxios non son unha solución, senon un mal necesario para dar resposta a un problema xerado polos seres humanos. As eutanasias e pechar aos animais en refuxios e canceiras só
contribúen a aumentar o seu sufrimento, e por iso as políticas que se siguen na actualidade, que consisten en recoller e almacenar animais até que algún deles teña a sorte de ser adoptado (e iso nos Concellos que se dignan a cumplir a lei de protección animal) están condeadas ao fracaso se non van seguidas de accións que rematen coa situación actual. A maioría dos concellos só lles preocupa retirar os cans e gatos da rúa porque "molestan", sin preocuparse do seu destino unha vez que desaparecen da súa visión.
Hai solución ás eutanasias, si, pero hai que traballar duro, e noutra dirección:
1. Esterilización dos animáis de compañía. A castración é a única alternativa real á eutanasia. As institucións deberían de ter a obriga de dar este servizo a todos os animais sen dono e a aquelas persoas que non teñan os recursos para facelo. En Abeiro pomos o noso gran de area castrando gatos que viven na rúa, e buscándolles fogares ou devolvéndoos ao seu lugar de orixe se se dan as condicións para que a súa vida non se vexa en perigo. Asimesmo colaboramos economicamente pagando castracións de cadelas e gatas adoptadas no refuxio de Bando que estaban en lista de espera. Grazas a isto, cerca de 200 animais do refuxio foron castrados en diferentes clínicas veterinarias de Santiago. Isto tamén significou ter en acollida varias crías de gatos para alimentar, coidar e atopar adoptante coa finalidade de non acumular traballo para o Refuxio de Bando.
2. Non mercar cans nin en tendas nin a particulares. Ademáis, o segundo pode ser constitutivo de delito se a persoa que as vende non ten licenza de criador, que é na maioria dos casos. Esta xente está contribuindo a que aumente o número de animais sen dono para obter un beneficio económico. Abeiro ten denunciado os
anuncios de venda de animais feitas por particulares que abundan nas nosas cidades. Se ves un cartaz así, non o dubides e pono en coñecemento da policía ou da garda civil.
3. Educación. Calquera de nós na nosa práctica diaria, nos lugares que frecuentamos, cos nosos amigos, no noso traballo temos que insistir na importancia da castración como único método de control poboacional. Temos organizado charlas diversas, e mesmo proxección de películas para os nenos e nenas que van destinados a este fin.
4. Exixir campañas subvencionadas de castración á xente que non teña recursos nos nosos concellos. En Abeiro temos feito campañas informativas sobre a necesidade da castración.
5- Denunciar casos de maltrato, abandono etc que vexamos ou que nos conten. Abeiro presenta multitude de denuncias anualmente ante o SEPRONA, e queixas no valedor do Pobo, e aínda que pareza que non vale para nada, o certo é que cada vez máis xente se está a decatar de que maltratar un animal comeza a deixar de ficar impune.
6- Difundir os animais entre aquelas asociacións que poden axudar a atopar un fogar feliz e definitivo para animais sen dono. Desde o refuxio de Bando saen periodicamente animais para Holanda en colaboración coa asociación SOS Strays, contacto que conseguiu Abeiro, ao igual que adopcións puntuais con outras asociacións como SOS Golden, SOS Galgos ou outras organizacións coas que se está iniciando o contacto que esperemos dé resultado.
7. Recoller material para o refuxio e axudar economicamente a animais con necesidades concretas. Desde Abeiro temos tamén axudado economicamente ao refuxio de Bando dando diñeiro para operacións de animais que, pola complexidade da súa situación, non podía ser realizado no refuxio. Igualmente mercamos material diverso, como o carriño para a cadela Luna, a máquina para cortar o pelo…Tamén cedimos un ordenador e máis a impresora, ao igual que unha cafeteira, e varios utensilios de cociña. Conseguimos material para o personal do refuxio e voluntariado (mesas e cadeiras, taquillas…) e ultimamente recollemos material médico de centros hospitalarios e farmacias para ser usado no refuxio. Ademais, ata hai unha semana levábamos o tema dos apadriñamentos, que supón un íngreso para o refuxio, facéndonos cargo de todos os gastos de xestión (impresión tarxetas, cartulinas, tinta) e envíos(selos e sobres), e ata o ano pasado tamén levando o cobro bancario, asumindo tamén os gastos de xestión por emisión de recibos.
8. Dar a coñecer a situación e o traballo, divulgar casos dos animais que precisan dunha adopción máis urxente. Abeiro ten feito tamén grandes esforzos neste campo, enviando casos e cartas a diversos medios de prensa, e mesmo elaborando un video informativo que se emitiu nos autobuses de Santiago ou na TVG entre outros lugares. Tamén organizamos a primeira saída con animais do refuxio a Santiago, ou o 1º festival do refuxio de animais, onde diferentes artistas colaboraron de maneira desinteresada, ou primeiro rastrillo, celebrado en Belvís. Igualmente elaboramos o calendario do ano 2010, grazas ao traballo dun voluntario e socio de Abeiro, o que nos permitiu recadar diñeiro que usamos no pago de castracións de cadelas do refuxio, ou calendarios de peto de anos anteriores, ou postais felicitando o nadal. Pequenas iniciativas que axudan a sumar. Como conseguir diñeiro privado é fundamental nun refuxio como o de Bando, elaboramos os folletos destinados a conseguir patrocinios e donativos, folletos que se están usando pola dirección do centro en envíos a empresas de diferente índole.
Se ben non concordamos co modelo de xestión actual, xa que existen refuxios nos que non existe a eutanasia de animais sans , e nos que as cifras de castracións anuais están nos 1500 animais, cun único veterinario, axudado por voluntarios en prácticas que demostran ser moi eficientes (e que en Bando poderíamos ter, xa que se teñen ofrecido en numerosas ocasións) creemos que como asociación é a nosa obriga colaborar sempre en conseguir a adopción dos animais residentes en Bando, porque eles son os únicos inocentes da situación que se está a vivir, e por ende os máis vulnerábeis.
asociacionabeiro@gmail.com
11 comentarios:
Menuda panda: eu fixen, eu dixen, eu axudei, eu, eu e mais eu. Mira, será ben certo que fixechedes todo o que contades, non se nega, pero o importante é o "eu estou a facer"... e en estes momentos non parece que fagades nada mais que mala propaganda do centro en perxuizo dos animais. Adicádevos ao voso (eses gatos que castrades actualmente, denuncias, e todo o resto que sí axuda a animais anónimos que non están en Bando) e deixade de malmeter no traballo que nestes momentos sí está a facer a xente que segue en activo. Se non compartides o modelo de xestión, perfecto, apartarse é a solución porque como ben dicides, hai moitos máis animais en Compostela e arredores que precisan axuda. Agora mesmo tamén se están a facer moitísimas actividades dende o Refuxio: campañas de concienciación, charlas, esterilización de todos os animais que saen do centro, concertos, mercadillos, etc. Ou só está ben feito cando o organizades vos? Esto non é unha carreira electoral. Fixechedes moito pero agora tamén se está a facer o mesmo ou máis. Nesto non hai gañadores, non é unha carreira por demostrar quen é o millor, senón que é un mundillo que só interesa a uns poucos e no que eses poucos deberían estar unidos para lograr máis. Axudade ou seguide co voso e deixade de facer dano.
O artigo de abeiro foi publicado porque así o demandaron os administradores deste blog, e eles mesmos cho poden decir, que non foi cousa nosa, pensaron que era un tema importante e o que nos piden coma voluntarios, o facemos. Abeiro só rinde contas ante os seus socios nas asembleas anuais e cando así o demanden eles. A palabra malmeter, o da carreira electoral, e todas esas cousas que dis, deberías probalas; fixemos e seguimos a facer. Agora mesmo acabamos de sacar 3 cans do refuxio para Holanda, a colaboración co refuxio mantense como podes comprobar. Non intentamos demostrar nada, o estamos a facer e non por nós, senón polos animais. Gústannos as críticas, porque nos axudan moito, as calumnias nunca,os anonimatos menos aínda, porque non permiten o diálogo. Non compartimos o modelo de xestión porque non é modelo de nada. A xestión é ineficiente e ineficaz, como xa lle levamos comentando á xerente dende hai moito tempo, e como ela ben mesmo sabe. Tedes que saber que hai moitas canceiras nas que non se eutanasia a animais sans, se traballa noutra dirección. En Bando se expulsan voluntarios gratuitamente e dunha maneira nada honorable. Nós non somos perfectos, claro que temos fallos, pero deixámonos axudar e asesorar e sempre escoitamos, para iso convocamos varias reunións co Refuxio e co voluntariado. Seguir co noso, coma ti dis, é AXUDAR e COLABORAR. Eu son Marta, agora falo en nome de Abeiro, se queres deixar o teu nome, falamos. Se queres colaborar con nós, o mesmo che digo, hai moito traballo que facer. Un saúdo.
Es verdad, aquí con esta carrera no gana nadie pero no os olvideis que siempre hay dos partes; El que gana y el que pierde, y aquí los que pierden son los animales, sobre todo aquellos que han sido sacrificados y serán, porque lamentablemente, la política del centro no es la correcta.
¿ Hacemos apuestas de cuantos animales sanos caeran este año ?
Espero por vuestro bien moral que no conozcais a ninguno.
Nota: Sobre los voluntarios de Abeiro, toda esta caza de brujas empezo porque expulsaron a los que más se preocupaban de ellos, así que la negativa de ayuda proviene del centro.
Secundo a Marta. Soy Eva Penedo Vázquez, miembro de Abeiro y colaboradora del Refuxio de Bando.
Hola ,soy miguel ,en ollo o can puede publicar todo el mundo y hasta ahora nunca habia tenido que borrar un comentarios, pero en este espacio no se permiten los insultos, es un blog creado para ayudar a los animales y no para descargar las frustaciones o rabias de nadie y aun menos desde el anonimato...
Bueno, pasando de comentarios e insultos absurdos e gratuitos que non valen para nada, xa sabedes que estamos intentando coller á cadela de Casalonga (Teo), pero está dificil, porque cremos que ten camada, e non a podemos coller sin recoller tamén ás crías, precisamos axuda e xente colaboradora, estamos indo todos os días a darlle de comer e buscar a camada. Se alguén pode, organízarémosnos mellor. Escribide ao mail de abeiro: asociacionabeiro@gmail.com. Xa ten casa de acollida, grazas a asociación ANAA. Grazas.
Grazas Miguel!
¿ Que ha pasado ?
Los insultos solo rebajan a la altura del betún.
En lo que pueda, ayudare a la perrita con crías.
Besis
esa cadela, dende setembro, xa fomos 2 veces alí lorena + eu, nada, imposible, daquela xa tiña camada segundo dixeron os da zona, vimos que había unha lata de comida. logo non a vin durante moito tempo ata que a vin varias veces. chamei ó 112, e foron os de protección civil de teo, creo que sobre unhas 4 veces (das que chamei eu, non sei se foron outras) unha das veces se puxeron en contacto comigo. a última esperei que viñeran. nada. moi difícil. o que si, non sei cantas camadas tivo en total...
Olá, o documento publicado por Abeiro só ten como obxectivo aclarar a situación actual sen entrar en polémicas nin atribuirse méritos. Grazas a tod@s @s soci@s de Abeiro foi posíbel levar a cabo as diferentes iniciativas ao longo destes 5 anos. Se queren contrastar ideas e buscar perspectivas de futuro polo Refuxio de Bando deberían falar a cara descuberta e non desde o anonimato. Grazas Miguel pola túa axuda. Apertas
Isabelle
Olá, o documento publicado por Abeiro só ten como obxectivo aclarar a situación actual sen entrar en polémicas nin atribuirse méritos. Grazas a tod@s @s soci@s de Abeiro foi posíbel levar a cabo as diferentes iniciativas ao longo destes 5 anos. Se queren contrastar ideas e buscar perspectivas de futuro polo Refuxio de Bando deberían falar a cara descuberta e non desde o anonimato. Grazas Miguel pola túa axuda. Apertas
Isabelle
Publicar un comentario