jueves, 23 de diciembre de 2010

RESUMO do mercadillo do 18 e 19 de decembro - repítese mercadillo primeiros xaneiro


Ola, comentarvos que a actividade do mercadillo saleu moi ben gracias a todos.
O mellor de todo foron as 4 adopcións (unha cadeliña e 3 gatos). Tamén houbo un apadriñamento.
Houbo moitas persoas que se interesaron por subir ao Refuxio e adoptar, tanto cachorros como algún adulto, co cal facémoslle saber a moita xente o que alí arriba hai, aínda que non o vexan, e iso é moi importante, porque de boca a boca seguro que algunha familia pensará en adoptar antes de comprar.
Solicitóuselle o local para facer outro mercadillo, e cédeno para os primeiros días de xaneiro, estamos pensando en volver a repetir co que quedou por vender, e co que se vaia aportando; pero en vez de estar todo o día, en función de voluntarios que teñan disponibilidade, iriamos só unhas horas pola tarde. De todas formas, xa iremos falando para ver qué podemos facer, para seguir estando ahí e seguir buscando familias para os residentes de Bando.
As saídas son importantes, este ano fíxeronse varias actividades e houbo gracias a elas máis ou menos sobre 11 adopcións, ademais apadriñamentos e donativos, que non se conseguirían si nós non estiveramos apoiándonos entre nós e axudándolles a eles, polo cal, gracias a todos por colaborar e desearvos que pasedes boas festas, e que para o ano que vén sigamos véndenos co noso enlace común: o cariño e respeto aos animais abandonados.

Boas festas e que o novo ano sexa bó para eles e tamén para nós. Bicos.

4 comentarios:

Tania dijo...

é unha idea xenial repetilo xa que quedei con moi boa impresión do primeiro. a ver se imos Copito e máis eu visitarvos ;) saúdos e gracias por todo!

Tania dijo...

por certo: Bo Nadal!!

vir dijo...

vémonos logo alí!! eu vou.

vir dijo...

ah!!! graciñas a ti!!!!