esta canciña, BITE, xa foi adoptada o sábado 18
NOVIDADES
o mercadillo na voz
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/12/19/0003_8918868.htm #
saio eu!!!! vaia!!! a canciña que sae na foto, BITE adoptouse onte!!!! graciñas!!!!e ademais actuaron no mercadillo: escola musical de rois, escola musical de santiago e escola estudio, con EVA PATO
graciñas!!!!!!!
en breve poño artigo con isto e máis!!! enlaces, fotos, máis fotos, novidades...
atentos e atentas a estes días!!!
o que se publicou na voz de galicia
«O mercado solidario en favor dos animais de Bando continúa hoxe»
Virginia Domínguez Voluntaria no Refuxio de Animais de Bando
A caseta que está no medio da praza de Galicia cumpriu onte un bo papel, e volve facelo hoxe de 11.30 a 19.30. Os voluntarios do refuxio de animais de Bando atenden un mercado solidario para recadar fondos en favor dos máis de 600 cans e gatos acollidos neste centro. Virginia Domínguez, unha das voluntarias, asegurou que onte foilles ben, e que agardan que hoxe se repita a boa racha.
-¿É o primeiro mercado solidario que organizan?
-Non, xa se fixo outras veces, a parte das saídas con mesas informativas e outras actividades en favor do refuxio. Pero se cadra o mercado deste ano é máis grande, e temos a caseta, que é de moita axuda, aínda que houbo sorte e non choveu.
-¿Só venden cousas para animais?
-Hai un pouco de todo, porque houbo quen doou colares, correas, mantas e outros obxectos para animais, e quen mandou libros, cedés, pendentes e pulseiras e outras cousas. Tamén vendemos lotería de Nadal, damos información a xente que quere adoptar algún animal ou apadriñar un por 50 euros ao ano.
-¿Persoas de Santiago?
-E doutros lugares de Galicia, porque promovemos o mercado no blog Ollo ao can , en Facebook e a traveso de entidades que colaboran co refuxio como a asociación Abeiro e o grupo Sarela de dano cerebral. A escola de Música de Rois sumouse cun grupo de rapaces que viñeron tocar para animar unhas horas a xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario