jueves, 16 de diciembre de 2010

máis cans do refuxio de bando: NICOLETTA, PODENQUITA e MILLO

NICOLETTA xa maior, cuns anos de vida, e cuns anos xa no refuxio. talmente parece unha lobiña, cando eu era pequena, de idade claro, os cans que tiñamos na miña aldea eran todos deste tipo. lémbrome de TON, de BLAS, de RENO... daquela non existían as razas, ou polo menos para nós era algo descoñecido. era o noso can, o noso amigo, o compañeiro dos nosos xogos. ten os ollos de dúas cores, polo cal sospeito que é cruce dun husky



PODENQUITA - leva xa tempo no refuxio, agora mesmo, é unha das máis veteranas, e iso non é un orgullo neste caso. xa leva moito alí, con frío, choiva, vento, sol... PERO ela sae ó seu paseo coma se non pasara nada. sae, corre, move o rabo, corre, vén darche un cariño, e volve a correr. un encanto. pero seguro que nunha casiña quentiña, iso xa sería outro cantar.



MILLO - xoguetón, moi simpático, mediano, peludo, con pelo descuidado pero ó mesmo tempo ten o seu estilo. un solete de can.
SORTE ós tres. SORTE, peluditos!!!!!

No hay comentarios: