novidades!!! A ESCOLA MUSICAL DE ROIS NO MERCADILLO SOLIDARIO DE HOXE EN SANTIAGO
UNHA PEQUENA ACHEGA!!!!
18-12-2010.Solidariedade e civismo na educación artística. De esq a drta dende o fondo cara adiante: Antonio Moscoso (EMMS) Ánxela Gil (ESMU ROIS) Mariña Amo (ESMU ROIS) Xulia Gil (ESMU ROIS) María José, Mateo e Silvia Baleirón (ESMU ROIS)
3 comentarios:
vir
dijo...
COPIO: Jakoko Cantorna Cigarrán EN el mercadillo de hoy se consiguió familia para la Bite, la perrita que bajamos a Santiago. Gracias a todos y no olvideis que mañana vuelve a haber mercadillo desde las 11:30 a las 19:30
Esta fermosa iniciativa xurde pola inquietude emocional de unificar afeccións e intereses profesionais e de ocio. Todo o equipo da ESMU ROIS (Escola de música de Rois) apostou con ilusión iniciar e propulsar esta primeira colaboración: moitos de nos temos mascotas e incluso algún profesor adoptou en Bando, sendo esa experiencia unha das mais gratificantes da súa vida e xa que varios admiramos e coñecemos a gran labor de voluntariado nas asociacións animalistas composteláns e no refuxio de Bando so quedaba dar o paso seguinte unificando o amor polos animais e á música coa oportunidade de participar este fin de semana como algo que empeza humildemente e ten trazas de converterse nunca colaboración habitual.
O primeiro impulso saíu da ESMU de Rois, pero como varios de nos traballamos en varias escolas a esta iniciativa uníronse tamén alumnos da EMMS (Escola municipal de música de Santiago de Compostela) e de ESCOLA ESTUDIO.
Dende o punto de vista educacional é obvio que temos unha gran necesidade de aprender e reeducarnos en canto á relación cos animais, quédanos moito por avanzar e evolucionar para equipararnos con outros países nos que xa dende as aulas demostran unha maior formación e conciencia neste sentido, véndose isto avalado pola súa lexislación.
Dende unha visión pedagóxica e vivencial os alumnos participantes viviron unha circunstancia única e moi diferente á habitual nos festivais, audicións e demais actividades, xa que era a primeira vez que tocaban na “rúa”. Os alumnos enfrontáronse a unha morea de sensacións e distraccións tanto visuais como auditivas obrigándoos a canalizar toda a súa concentración na música. A experiencia é moi valiosa de cara á superación destes feitos ante posibles probas, exames, oposicións… futuras.
Dende o persoal non temos palabras para agradecer a gran labor social e cívica que realizan os voluntarios e destacamos o comportamento e ilusión que mostraron os alumnos participantes e as súas familias: Mateo, María José e Silvia Baleirón; Ánxela e Xulia Gil, Mariña Amo da ESMU ROIS; Antonio Moscoso, Paula Caamaño e Carlos González da EMMS.
O domingo esperamos ter a colaboración de alumnos de ESCOLA ESTUDIO (Patricia Quintela e Javier ¿?), José Barbeira da EMMS e é probable que se pasen pola praza de Galicia algúns alumnos mais destas tres escolas de música.
Moitas gracias tamén a Chuz Vizcaya, Antón Fernandez e Jose Pais polo seu aporte persoal neste bonito proxecto. Xefatura de Estudos. ESMU Rois 2.010 Eva Pato Martínez
"Ollo ó can" é a nosa páxina... Nela podedes ollarnos e coñecernos... Somos pequenos, grandes, alegres, tranquilos, doces e algúns medosos, pero o que sí temos en común son as ganas de compartir o noso cariño contigo...
REFUXIO DE BANDO
Zarramacedo, s/n - Bando (moi preto do Monte do Gozo)
Santiago de Compostela
Horario visitas: Luns ,mercores e venres de 9.30 a 14
Sabados e Domingos de 10.30 a 13.30
Martes,Xoves e festivos pechado
Adopcións previa cita nos teléfonos
981575957 e 646492835
e-mail: refuxio@refuxio.org Web http://www.refuxio.org/
ASOCIACIÓN ABEIRO pola protección animal
Zarramacedo, s/n - Bando
Santiago de Compostela
e-mail: asociacionabeiro@gmail.com
Podes colaborar facilmente enviando esta páxina por correo electrónico ós teus contactos e poñendo un enlace ó noso blog dende a túa web ou dende as dos teus coñecidos.
Tamén podes darlle a COMPARTIR na parte superior da páxina.
3 comentarios:
COPIO:
Jakoko Cantorna Cigarrán
EN el mercadillo de hoy se consiguió familia para la Bite, la perrita que bajamos a Santiago. Gracias a todos y no olvideis que mañana vuelve a haber mercadillo desde las 11:30 a las 19:30
DENDE A ESCOLA MUSICAL DE ROIS:
Esta fermosa iniciativa xurde pola inquietude emocional de unificar afeccións e intereses profesionais e de ocio.
Todo o equipo da ESMU ROIS (Escola de música de Rois) apostou con ilusión iniciar e propulsar esta primeira colaboración: moitos de nos temos mascotas e incluso algún profesor adoptou en Bando, sendo esa experiencia unha das mais gratificantes da súa vida e xa que varios admiramos e coñecemos a gran labor de voluntariado nas asociacións animalistas composteláns e no refuxio de Bando so quedaba dar o paso seguinte unificando o amor polos animais e á música coa oportunidade de participar este fin de semana como algo que empeza humildemente e ten trazas de converterse nunca colaboración habitual.
O primeiro impulso saíu da ESMU de Rois, pero como varios de nos traballamos en varias escolas a esta iniciativa uníronse tamén alumnos da EMMS (Escola municipal de música de Santiago de Compostela) e de ESCOLA ESTUDIO.
Dende o punto de vista educacional é obvio que temos unha gran necesidade de aprender e reeducarnos en canto á relación cos animais, quédanos moito por avanzar e evolucionar para equipararnos con outros países nos que xa dende as aulas demostran unha maior formación e conciencia neste sentido, véndose isto avalado pola súa lexislación.
Dende unha visión pedagóxica e vivencial os alumnos participantes viviron unha circunstancia única e moi diferente á habitual nos festivais, audicións e demais actividades, xa que era a primeira vez que tocaban na “rúa”. Os alumnos enfrontáronse a unha morea de sensacións e distraccións tanto visuais como auditivas obrigándoos a canalizar toda a súa concentración na música. A experiencia é moi valiosa de cara á superación destes feitos ante posibles probas, exames, oposicións… futuras.
Dende o persoal non temos palabras para agradecer a gran labor social e cívica que realizan os voluntarios e destacamos o comportamento e ilusión que mostraron os alumnos participantes e as súas familias: Mateo, María José e Silvia Baleirón; Ánxela e Xulia Gil, Mariña Amo da ESMU ROIS; Antonio Moscoso, Paula Caamaño e Carlos González da EMMS.
O domingo esperamos ter a colaboración de alumnos de ESCOLA ESTUDIO (Patricia Quintela e Javier ¿?), José Barbeira da EMMS e é probable que se pasen pola praza de Galicia algúns alumnos mais destas tres escolas de música.
Moitas gracias tamén a Chuz Vizcaya, Antón Fernandez e Jose Pais polo seu aporte persoal neste bonito proxecto.
Xefatura de Estudos. ESMU Rois 2.010 Eva Pato Martínez
NOVIDADES
o mercadillo na voz
e adoptado o gatiño copito por Tania.
e ademais actuaron no mercadillo: escola musical de rois, escola musical de santiago e escola estudio, con EVA PATO
graciñas!!!!!!!
en breve poño artigo con isto e máis!!!
Publicar un comentario