viernes, 17 de diciembre de 2010

AVISO!!! NOVIDADES!!!! este sábado 18 e domingo 19 de decembro hai un mercadillo solidario en santiago do refuxio de animais de bando!!!

MERCADILLO SOLIDARIO DO REFUXIO DE BANDO SANTIAGO. o que si me/nos gustaría é que te achegaras por alí. na caseta enriba da praza de galicia DE 11:30 A 19:30 O SÁBADO E O DOMINGO.

ademais os rapaces da escola musical de rois van tocar ás 12 do sábado e ás 6 da tarde do domíngo (espero acompañe o tempo, espero che guste!!!).

venderanse tanto cousas para cans e gatos/as, coma colares, arneses, camiñas, xoguetes, etc pero tamén libros, bolsos, colares, pulseras, peluches, etc etc etc

ademais dende aquí damos as grazas a todas aquelas persoas que colaboraron e seguen colaborando, donando cousiñas para o mercadillo ou para o refuxio, axudando á recollida e transporte das mesmas, na venda de lotaría, na difusión do evento, e por suposto na asistencia (dou as grazas anticipadas)

recordamos que se o tempo acompaña tamén se baixarán algúns animais do refuxio.

todo o recadado vai para os animais do refuxio.

GRACIÑAS A TODOS E TODAS POR FACER ISTO POSIBLE, E BENVIDOS Ó MERCADILLO!!!!

1 comentario:

vir dijo...

COPIO: Jakoko Cantorna Cigarrán
EN el mercadillo de hoy se consiguió familia para la Bite, la perrita que bajamos a Santiago. Gracias a todos y no olvideis que mañana vuelve a haber mercadillo desde las 11:30 a las 19:30