o que si me/nos gustaría é que te achegaras por alí. na caseta enriba da praza de galicia DE 11:30 A 19:30 os días 3, 4 e 5 de xaneiro.
e camisetas, bolsas, chalecos reflectantes, chaveiros, postais, etc etc do refuxio,
ademais dende aquí damos as grazas a todas aquelas persoas que colaboraron e seguen colaborando, donando cousiñas para o mercadillo ou para o refuxio, axudando á recollida e transporte das mesmas, na venda de lotaría, na difusión do evento, e por suposto na asistencia do mercadillo dos días 18 e 19 de decembro, e no que se vai desenvolver estes 3 días (dou as grazas anticipadas)
recordamos que tamén se baixarán algúns animais do refuxio.
todo o recadado vai para os animais do refuxio.
GRACIÑAS A TODOS E TODAS POR FACER ISTO POSIBLE, E BENVIDOS Ó MERCADILLO!!!!
RECORDAMOS que no anterior mercadillo de decembro se adoptaron 3 gatos/as, un deles COPITO, e unha canciña BITE, que era "mamá". tamén houbo 1 apadriñamento. venda de lotaría. donativos. e actuaron os dous días rapaces e rapazas da Escola Musical de Rois, da Escola Musical de Santiago e da Escola Estudio, con Eva Pato, ademais de colaborar directamente coa recollida de cousiñas para o mercadillo pola zona de Rois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario