domingo, 19 de diciembre de 2010

NOVIDADES: mercadillo solidario día 18 decembro: BITE ADOPTADA e carta dende a escola musical de rois!!!!

adoptaron a canciña BITE (mami)

actuou a escola musical de rois.

CARTA ENVIADA POR EVA PATO

Esta fermosa iniciativa xurde pola inquietude emocional de unificar afeccións e intereses profesionais e de ocio.

Todo o equipo da ESMU ROIS (Escola de música de Rois) apostou con ilusión iniciar e propulsar esta primeira colaboración: moitos de nos temos mascotas e incluso algún profesor adoptou en Bando, sendo esa experiencia unha das mais gratificantes da súa vida e xa que varios admiramos e coñecemos a gran labor de voluntariado nas asociacións animalistas composteláns e no refuxio de Bando so quedaba dar o paso seguinte unificando o amor polos animais e á música coa oportunidade de participar este fin de semana como algo que empeza humildemente e ten trazas de converterse nunca colaboración habitual.

O primeiro impulso saíu da ESMU de Rois, pero como varios de nos traballamos en varias escolas a esta iniciativa uníronse tamén alumnos da EMMS (Escola municipal de música de Santiago de Compostela) e de ESCOLA ESTUDIO.

Dende o punto de vista educacional é obvio que temos unha gran necesidade de aprender e reeducarnos en canto á relación cos animais, quédanos moito por avanzar e evolucionar para equipararnos con outros países nos que xa dende as aulas demostran unha maior formación e conciencia neste sentido, véndose isto avalado pola súa lexislación.

Dende unha visión pedagóxica e vivencial os alumnos participantes viviron unha circunstancia única e moi diferente á habitual nos festivais, audicións e demais actividades, xa que era a primeira vez que tocaban na “rúa”. Os alumnos enfrontáronse a unha morea de sensacións e distraccións tanto visuais como auditivas obrigándoos a canalizar toda a súa concentración na música. A experiencia é moi valiosa de cara á superación destes feitos ante posibles probas, exames, oposicións… futuras.

Dende o persoal non temos palabras para agradecer a gran labor social e cívica que realizan os voluntarios e destacamos o comportamento e ilusión que mostraron os alumnos participantes e as súas familias: Mateo, María José e Silvia Baleirón; Ánxela e Xulia Gil, Mariña Amo da ESMU ROIS; Antonio Moscoso, Paula Caamaño e Carlos González da EMMS.

O domingo esperamos ter a colaboración de alumnos de ESCOLA ESTUDIO (Patricia Quintela e Javier ¿?), José Barbeira da EMMS e é probable que se pasen pola praza de Galicia algúns alumnos mais destas tres escolas de música.

Moitas gracias tamén a Chuz Vizcaya, Antón Fernandez e Jose Pais polo seu aporte persoal neste bonito proxecto.

Xefatura de Estudos. ESMU Rois 2.010

Eva Pato Martínez

2 comentarios:

vir dijo...

NOVIDADES
o mercadillo na voz

e adoptado o gatiño copito por Tania.

e ademais actuaron no mercadillo: escola musical de rois, escola musical de santiago e escola estudio, con EVA PATO


graciñas!!!!!!!

en breve poño artigo con isto e máis!!!

vir dijo...

sospeito que... isto é o comezo dunha gran amizade.