jueves, 9 de diciembre de 2010

DEIXÁRONNOS: OPI E KIMBA.




SINTO DICIRVOS que OPI e KIMBA xa non están aquí.


opi xa hai un tempo que nos deixou, kimba hai pouquiño.


OPI e KIMBA non chegaron a coñecer un fogar fóra do refuxio.


o seu fogar "dende que foron abandonados" foi o refuxio.




isto puido evitarse. non abandones.
e isto pode evitarse???? non abandones, adopta, non merques.




18 comentarios:

Anónimo dijo...

que pasa? seguen as eutanasias masivas en Bando ou que? Sei que pasados 20 días se eutanasia aos de caza, sei demasiadas cousas. Cal é a vosa protesta? para que facedes mercadillo? para recolectar 200€ e mercar eutanásico? eu xa protestei ao concello, pero so unha denuncia dun cidadán non serve. EStá moi ben ser voluntario, pero hai que poñer as cartas boca arriba.

Anónimo dijo...

sinceramente no mereces que te contesten....

vir dijo...

pensaba cambiar a foto de perfil a miúdo para dar + opcións de adopción, pero vouna deixar... kimba, sinto non chegar a tempo, sinto que entre tantos cans non visen eses ollazos que tiñas, sinto tanto... eu, recordareiche sempre así, coa túa gran mirada e coa túa cara de risa. chao peludín!!!!

Anónimo dijo...

que lle pasou a kimba?? de opi xa sei pero ela era maior?

vir dijo...

fai unhas semanas lle notamos un bulto moi grande, pero non sospeitamos que fose tan grave.

Rosa Valcárcel dijo...

Bueno, esto no gusta nada. Parece que se destapa la caja de los truenos de otra perrera. Siempre pasa igual. Se vende fuera lo que no es, o no parece ser. Puntualizo lo que se ha contestado, que "no merezca que se conteste" bueno, pues resulta que sí. Si es ciudadano y paga sus impuestos en el ayuntamiento donde se ubica una perrera, sí hay que contestar; otra cosa es que seáis vosotros o no los que tengan que responder. Bando es una perrera supramunicipal, pagada por varios ayuntamientos, y el coste recae en los ciudadanos. Todos tienen derecho a saber a dónde va lo que pagan. No todos queremos pagar con nuestros impuestos las eutanasias de unos animales siempre inocentes. A raiz de esto, he intentado llamar a la perrera para que me digan si es verdad o no, pero nadie contesta el teléfono. Seguiré informándome y contestaré.

Miguel Muñiz dijo...

Estoy deacuerdo con Rosa, creo que es importante para todos y sobre todo para los voluntarios conocer las circunstancias en que se eutanasia a los animales del refugio, luego cada uno
tendrá que sacar sus conclusiones,yo estoy en contra de ello pero me cuesta creer que se haga sin un motivo de peso.También creo que asi como tenemos derecho a conocer como ciudadanos contribuyentes la realidad del refugio tambien tenemos la obligacion de ser conscientes de que parte somos responsables por no invertir mas de nuestros ingresos en ayudar a nuestros amigos y poder evitar asi el sacrificio...ojala este debate sirva para dar un poco mas de luz sobre este tema y sobre todo para buscar una solución..
y rosa gracias por poner nombre a tu comentario...

Anónimo dijo...

Dende logo, o que hai que oir de vez en cando!!! que facil é desprestixiar e criticar... non entendo nin entenderei cal é o motivo... quizáis conseguir que a mala fama que pretendedes impoñer, faga que acuda menos xente a adoptar e as cousas vaian pior???
En fin, o tempo que "malgastades" en escribir estas perlas, malgastádeo en ir un día polo Refuxio e ver a situación real. Pero como sei que non o ídes a facer, ofrézome a dicírvola:
Nestes momentos supéranse os 650 animais dos que só 250 poderían vivir alí. É ben certo que se eutanasian animais, pero de non ser así, que solución ofertades?¿?¿ acinalos e acomodalos en estanterías ata chegar aos 2.000??? Permitir que se maten entre eles por unha cuestión de espazo???? permitir que algúns animais que viven aterrorizados, que teñen medo ata da súa sombra, vivan indefinidamente baixo a sombra do terror???? permitir que sufran dores terribles os animais enfermos de tumores ou outras enfermidade, como é o caso concreto do que estamos a falar??? encher o Refuxio de pobres animais de caza que NINGUÉN vai a adoptar e cuxos prentendentes volven a ser cazadores... e sorprendentemente, xusto antes da tempada de caza??? certamente este tipo de animais si se eutanasian, pero aínda sendo así, convídovos a pasar e comprobar cantos hai: beagles, bassets, setters, etc. Cando o fagades, teredes dereito a mencionar o tema, antes non. Animais maiores que tampouco se va a dar en adopción e que quedan condeados a agotar os seus días no frío e húmido Refuxio??? Mentres, seguiremos facendo "ridiculos mercadillos" para recaudar 200 míseros euros, xa que eses, son os que premiten que os animais estean mellor e, si!!!! os que permiten que poidan seguir vivindo eses 300 animais "ilegais" polos que os concellos que mencionades NON APORTAN ABSOLUTAMENTE NADA. podería seguir falando horas, pero tampouco vou conseguir nada. Prefiro adicar ese tempo a colaborar.
É moi sinxelo criticar, pero moi dificil axudar.

Anónimo dijo...

Algo que esquecín: tamén, se pode recortar gasto non esterilizando aos animais que se dan en adopción, verdade?¿?¿ Aínda estando como se está, apóstase por invertir miles e miles de euros en castrar a todos os animais que pasan polo centro, coa convicción de ser ésta, a única solución ao problema, obviamente... o resultado dase a longo prazo.
Hai moito que facer e cambiar neste mundo, seguro que se comenten erros e que hai cousas que se poderían facer doutros xeitos, pero para iso precísase colaboración activa.

Miguel Muñiz dijo...

Pues sí, evidentemente hace falta la colaboración activa de toda la sociedad ya que el hecho de que los refugios de animales esten muy por encima de sus posibilidades no es responsabilidad de los responsables del refugio ni de los voluntarios sino de toda la sociedad que todavía ve en su gran mayoría a los animlaes como un clinex de usar y tirar por eso la informción que das anonimo..(no se si todos los anonimos sois el mismo...esto ya es una epidemia..)es tan importante y necesaria..no entiendo tanto malestar por darla...es importante para que entendamos porqué(ya que el hecho de sacrificar a un animal es algo que llega muy adentro,y me imagino que más para las personas que tienen que hacerlo...) y creo que el poder entenderlo no es un capricho sino un derecho...y si la gente fuera consciente de ello es posible que se hiciera algo para remediarlo...pero es posible que no sea politicamente correcto..o mejor dicho oportuno...
PD me imagino que tu aclaración resultara valiosa a voluntarios como tú que en este blog tb se preguntan por la ausencia de algunos animales....y ellos sí han ido por el refugio..
de todas formas gracias por la aclaración aunque sea anonima...

Anónimo dijo...

Hola de novo. Ante todo, desculpade por non poñer o meu nome tan só son responsable das dúas publicacións anteriores. Non estou rexistrada e sempre que puliquei algo, fíxeno da mesma maneira (en ningún caso por non dar o meu nome, vamos). Son Kelly. Bueno, non podo entrar a falar do que lle aconteceu a estes animais porque tamén o descoñezo, aínda que é Vir quen puxo que tiña un bulto grande (e interpreto que se trata dun tumor, mordida infectada ou algo polo estilo). Aquí o que vale non é un animal en concreto, senón todo o conxunto de animais que están en desamparo. Non creo que lle doia a ninguén máis que a min a falta dun bicho pero falando dun problema tan grande como é este, tamén hai que aprender a pensar en grande. Explícome: Cada día, semana ou mes entran no centro moitísimos animais. Todos os que mínimamente coñecemos o funcionamento, sabemos que non é posible salvalos a todos, xa que nese caso, estaríamos no caso que puxen antes de chegar aos 2.000 e a unha situación insalubre, con pelexas constantes, obviamente os cartos tocarían a menos, etc, etc. É inevitable que haxa que sacrificar e como dis, moi ao pesar de tódalas persoas que de algún xeito colaboramos por pouco que sexa. Todos temos que aunar esforzos para conseguir unha meta que vai en cadea: tenza responsable= que non sigan nacendo animais que acaben criando e nas máns de calqueira= se non hai tanta "oferta" de animais, a opción máis normal é acudir a un refuxio ou canceira a adoptar= adotantes adecuados para cada animal= Animais identificados e moitos deles castrados= menos abandonos =canceiras con moitos menos animais= Poucas eutanasias= Mellor calidade de vida para os que si teñen que vivir nesas condicións. Podemos seguir dicindo puntos e puntos ata cansarnos. Polo tanto, a crítica non debe ser tan feroz coas persoas que dalgún xeito aportan algo á causa, senón á pouca educación que reciben os nosos nenos, ao sistema que permite que todos teñamos acceso a ver como se torturan animais nas prazas para o divertimento de algúns, para esa lei de protección tan ambigua que non permite castigos adecuados para maltratadores e xente que abandoa, que non haxa un control real para algo que todos estamos obrigados a facer: implantar microchips ás nosas mascotas, que ninguén vixíe nin controle a cantidade de carteis de "se venden cachorros de raza x a moi bo prezo" non olvidemos que moita xente pretende vivir á conta da cona das súas cadelas. (perdoade a expresión pero me enfurece moito este feito), e moi especialmente á xente que segue vendo normal enterrar, tirar ao contedor ou río aos cachorros e a un colectivo xa moi demostradamente malo cos animais, CAZADORES, que os utilizan como meras ferramentas de acadar o que buscan: sangue. Resúltalles moi doado conseguir cans, polo tanto, para qué van curar a un enfermo?, porqué non tirar no monte ou darlle un tiro ao que non caza ben?, para qué impedir que críen, se cada ano teñen que renovar plantilla?.
Aquí tamen podemos votar horas añadindo á lista... pero é máis doado e rápido acusar co dedo ás persoas que si se preocupan por eles, que poñen esforzo, tempo, cartos e lágrimas por eles. Non señor! hai moito traballo por facer e se de veras vos preocupan, axudade! Voluntariado, colaboración coas asociacións que están traballando para controlar a poboación mediante a castración, axudas económicas, algo tan básico como pode ser gardar os xornais ou papel triturado e doalo para que se reutilice como cobixo dos máis febles. Ou simplemente apoio á labor que se está a facer... que queda moito por andar!!!!!

vir dijo...

ola miguel!!! xa se me remataron as fotos!!

e isto o poño aquí, porque é miguel o q fai un oco no seu tempo e sube ó refuxio a quitar fotos, que logo eu lles atopo os nomes coa axuda do refuxio e dos volutarios/as, (son incapaz de coñecelos a todos/as, iso que mo curro)

cando teño un oco, chamo ó refuxio, ou mando un correo ó refuxio e voluntarios/as para saber eses nomes, difundo por aquí e por facebook tódolos cans que subo, (dos que só sei o que vivo eu con eles cando os saco a pasear), e mando por mail cada 2 ou 3 meses, actualizo dentro das miñas posibilidades, preguntando ou revisando tódolos cans da páxina do refuxio. tamén publico as actividades que se fan, que se pensan facer, algunhas cousiñas sobre como colaborar, consellos, casos especiais do refuxio e doutras protectoras... e subo ó refuxio 1 tarde, (se podo máis), e vou ás saídas, e falo con moita xente do refuxio, e ó chegar ó final do círculo volvo empezar: fotos, nomes, chamadas, correos, difusión, máis difusión, actualización, ... e no medio axuda a estes... axuda a aqueles, e volta ó refuxio cada semana, sacar ós cans con vento frío choiva ou sol, con dor de garganta, con dor de cabeza... con bo humor uns días, cepillar a este que se me achega, acariñar a 5 ou 6 cans xuntos, e do canil ó parque, do parque ó canil, e pata pola roupa, algunha caída,resbalóns, lametazos... FÁCIL NON??? non, non é fácil, pero non é imposible, e ademais eu alí son feliz, e esa felicidade non ma vai quitar ninguén ( e mira que prefiro non contar as bágoas que soltei por carpi, por opi, por este e por aquel, por beltrán que pasa todo o día no mesmo sitio da valla, por koko q cada vez tiña menos chicha e máis ósos, por MEL, que onde vai q non está, etc. alí, coma todos/as, forte, pero logo na casa, a miña tarefa ás veces, (vendo que a xente segue abandonando, maltratando, e facendo de todo...) é moi dura e solitaria.

e agora engado: todo voluntario/a ten o seu corazón, e uns sentimentos, e sofren vendo todo iso, aínda q cando está alí, o único q pensa é en sacar máis caniles.

eu son voluntaria. eu colaboro dentro e fóra do refuxio. e doime moito ver pasar os meses e semanas e ver sempre os mesmos cans que ninguén ve. (están no mesmo sitio, meses, anos...)

por favor!!! pensade algo... adoptade, axudade a estes pobres canciños... q moitos acaban morrendo de vellos sen coñecer nunca o q hai máis aló dos lindes do refuxio.

e por favor, pensade que moitos dos que van adoptar preguntan por un can de raza, ou cachorro, ou se levan o "bonito".

dentro duns días,cando volva ter forza, volvo escribir un pouco máis. isto me fixo dar un parón, se me caeu a alma ós pés, e despois duns días só fun capaz hoxe de volver colgar un artigo. todo o que fixen estes meses loitando por eles, parece como se nun intre non servise de nada!!! impotencia. desesperación. e toda esa forza e ímpetu que sempre amosei, se me foi... no fondo son moi débil e moi chorona. pero eu, por eles, eu sigo. agora choro, e dentro duns momentiños xa me poño a currar. agora ben, non volvo comentar máis por agora.

Anónimo dijo...

A min non me parece ven que mateis perros, a no ser que se esten muriendo. Y no se que persona es capac de coller un can entre tantos para matarlo.

Soy RML

Marta dijo...

A ver... que parece que so os voluntari@s teñen dereito a opinar. Eu fun voluntaria en Bando, e con moitos ánimos e responsabilidade, durante máis de 5anos. Subía día sí día non, e ás veces día sí e día tamén. Non entendo, como unha gran voluntaria coma considero a Kelly é capaz de defender as eutanasias, nin a imaxe irreal que se está a vender do refuxio. hai moito por facer, sempre se dixo, hai que buscar adoptantes fóra. A eutanasia, sería a morte xusta e xustificada, só animais enfermos. Eu só unha vez nestes máis de 5 anos atendín a un cazador que viña a por un can de caza, e aínda por riba ata era un cazador bastante responsable, os cans que tiña os recollera do monte, de compañeiros aos que xa non lle valían, e todos tiñan microchip e vacinas ao día. Non creo que os cazadores suban a Bando a adoptar, xa que son eles mesmos os que os deixan ali tirados. Non se trata de apilar cans en estanterías, se trata de buscar fogares, incluso acollidas, mover ceo e terra. Outras canceiras-refuxios-protectoras o conseguiron, e empezaron igual ou pior que Bando. So que se sentaron a pensar, a construir, non a destruir. Sentáronse para unirse, para delegar funcións, para loitar por unha causa enormemente noble e agradecida. Fun voluntaria, e se cambian as cousas, volverei selo. Pero as broncas sen sentido, as culpas, as expulsións de voluntarios tan ou máis válidos e valientes que os que quedan, as eutanasias masivas, os caprichos, a prioridade á imaxe pública antes que ao benestar dos animais, foron rompéndonos por dentro a moitos e desgrazadamente para nós e para os residentes de Bando, agora temos que traballar dende fóra, sempre colaborando coas víctimas da inexistencia dunha lei de protección animal, pero sentindo que poderíamos facer moitísimo máis, se a vida e a política non fora tan inxusta. Eles non falan, nós temos que ser a súa voz, e dende logo, non creo que eles pidan unha morte inxectada.
Por outra parte, a esterilización é imprescindible para loitar contra o abandono, a canceira de Bando entrega aos animais esterilizados ou con compromiso de esterilización. Vai en contrato, é o seu eixo fundacional, así que non se pode suprimir, non sei a que vén ese comentario. Sempre apoiei a labora que se estaba a facer, ata que comezou a política eutanásica, iso nunca.

Miguel Muñiz dijo...

concuerdo con kelly que no se puede quitar importancia a la labor que estan ejerciendo en este momento los voluntarios, me parece sacar las cosas de quicio, algunos es posible que no sepan la cantidad de eutanasias que se estan haciendo, pero es posible que otros sí y conociendo como conozco a alguno de ellos para mi aun tiene mayor merito el que esten peleando desde dentro haciendo tripas de corazón;
tambien creo que el numero de sacrificios es terrible, no se puede hacer de otra manera? no hay otra opción de verdad? perdonar mi ignorancia...pero me cuesta creer que haya casi tantos sacrificios como adopciones...me cuesta...sobre todo porque me hace pensar en el perro que recoji hace dos semanas en la carretera y lo llevé a Bando, como podré mirarle a los ojos al siguiente que encuentre sabiendo que tendrá más oportunidades si no lo llevo...

Anónimo dijo...

Miguel, o que che pasa a ti nos pasa a todos os que sabemos da realidade do refuxio. Xa non sabes que facer cando te atopas con un. Paréceme moi ben que apoies a labor dos voluntarios que aínda suben, pero iso non quita que calquera día eles tamén estén fóra. Quen lle ía decir a Mila que ía ser expulsada dun xeito tan frío como un e-mail simplemente porque nos últimos días que subira houbo 3 pelexas de cans... Ninguén critica ao voluntariado que non sabe o que pasa realmente. De sacar as cousas de quicio... esa non é a frase. Demostrar o que pasa, a xente ten dereito a saber. O oscurantismo xa sabemos en que deriva, e de onde ven. O defensor dos animais e dos seus dereitos traballa sempre, xa sexa dende dentro ou dende fóra.

marta dijo...

o anterior anónimo, Marta

Rosa V. dijo...

El Refuxio de Animais de Bando aplicó la eutanasia a 391 perros y gatos en 2010
La Asociación Libera denuncia que "estaban sanos"// En el centro alegan saturación y que hubo 1.324 ingresos el último año