miércoles, 26 de enero de 2011
Denuncia de Abeiro no caso do can asesinado en Bandeira
A Asociación pola protección animal ABEIRO, presentou unha denuncia no SEPRONA tras ter coñecemento por parte dunha veciña de Bandeira (Silleda), da morte dun can o pasado once de xaneiro.
A veciña estaba paseando o seu can cando escoitou queixidos dun animal e dous sons que lle pareceron disparos. Pouco despois viu sair a gran velocidade un coche coas luces apagadas, e ao achegarse atopa o corpo sen vida dun canciño. Nos minutos nos que vai a súa casa buscar unha cámara para sacar unhas fotografías, o can é retirado do lugar onde o ve por primeira vez, onde só quedan restos de sangue, e o seu cadáver aparece nun terraplén cercano.
Ademáis de solicitar ao SEPRONA que investigue estos feitos, ABEIRO pide que se dirixan ao Concello e pregunten que fan en Silleda cos animais abandonados ou sen dono dese término municipal, xa que, como especifica a lei 1/93, a responsabilidade da recollida dos mesmos é dos concellos. Segundo os datos de Abeiro, en Silleda non existe ningunha das tres opcións que permite a lei para o seu cumprimento, que lembramos son ou ter un centro de recollida propio, ou un convenio coa administración autonómica, ou convenio con algunha entidade de protección animal.
Desde ABEIRO, reclamamos á Xunta de Galicia que esixa a todos os concellos que cumplan coa lexislación vixente, e que sancione a aqueles que non o fan, para que remate a impunidade na que se moven neste aspecto a maioría dos concellos do país.
Susana Romero
Presidenta Asociación Pola Protección Animal Abeiro
asociacionabeiro@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
a denuncia a interpuxo a asociación Abeiro en SEPRONA co cal o contacto é asociacionabeiro@gmail.com ou directamente con seprona
Publicar un comentario