domingo, 30 de enero de 2011

AVISO!!! Agredidos dous cámaras por un grupo de cazadores que participaba no Campionato de España de Caza de Raposo

a garda civil pedindo o carnet a activistas

Cazadores de raposos agreden a xornalistas activistas

de xornal.com

Uns 120 persoas sabotean o campionato de España de caza de raposo en Pontecaldelas

Uns 120 activistas convocados pola Fundación Equanimal.org sabotearon este sábado a fase do campionato de España de caza de raposo que celebrou en Pontecaldelas (Pontevedra) co fin de "salvar o maior número posible de animais e concienciar aá poboación a favor do respecto dos animais". Segundo explicou a Europa Press a portavoz da plataforma en Galicia, Olaia Freiría, todos os anos durante o mes de xaneiro celébranse en Galicia distintos campionatos de caza, o "máis importante" dos cales é o de España de Caza de raposos.

Antes este feito, apuntou que Equanimal leva catro anos mobilizando a voluntarios de todo o estado para que contribúan a ostaculizar esta cazaría mediante a sabotaxe. Unha actividade, que tal e como indicou a plataforma, "non é violenta e consiste en subir aos montes e porse pacíficamente entre os cazadores e os animais". Con todo, segundo Olaia Freiría, durante a sabotaxe realizada este sábado mentres que algúns activistas "conseguiron paralizar a caza" dúas voluntarias procedentes de Barcelona "sufriron agresións por parte dos cazadores", tal e como denunciou.

AGRESIÓN A XORNALISTAS

Ademais destas agresións, a portavoz de Equanimal afirmou que "sufriron lesións varios xornalistas que se atopaban gravando as sabotaxes". Esta denuncia foi secundada pola Asociación Animalista Libera!, que, nun comunicado, instou ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia a pedir unha condena formal" pola agresión sufrida este sábado a un cámara que cubría a intervención dos activistas no campionato de caza. Finalmente, Libera! manifestou a súa "solidariedade" cos agredidos e confiou en que as autoridades "tomen nota da violencia explícita que mostran persoas que pertencen a entidades subvencionadas polo Goberno galego".

NOVIDADES: http://www.xornal.com/artigo/2011/01/29/galicia/cazadores-raposos-agreden-xornalistas-activistas/2011012916311400518.html


ademais achego un vídeo:

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=11600&corte=2011-01-29&hora=14%3A42%3A46&canle=tvg1
Agredidos dous cámaras por un grupo de cazadores que participaba no Campionato de España de Caza de Raposo

No hay comentarios: