o próximo sábado 29 de xaneiro, terá lugar outro ano máis o Campionato de Caza de Raposos a nivel estatal na vila de Pontecaldelas. De momento non se sabe o lugar exacto da protesta, pero se queres participar, podes ir consultando a páxina web de ADEGA ou de Equanimal, que irá dicindo hora e lugar.

equanimal
http://www.equanimal.org/

O pasado 22 de xaneiro tivo lugar en Rois o campionato galego, onde participamos como asociación pra mostrar á nosa protesta, como podedes ver nas fotos que enviamos.


Asimesmo, o 29 xaneiro, @s compañeir@s de Proxecto Gato sairán às rúas de Vigo en defensa dos dereitos dos animais, reclamando un trato digno para os 500 gatos que coida esta asociación a pesar das continuas presións do Concello de Vigo e en concreto da concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, para sacrificar animais recuperabéis porque dan "demasiado gasto". Contan coa nosa axuda para a difusión do evento.

Aquí vos queda o cartaz co lugar e hora da manifa. Moitas grazas pola vosa solidariedade!!!
http://www.facebook.com/photo.php?fbid=478140717433&set=a.203805142433.121847.54794127433
Como vedes hai onde elexir. Grazas por participar e difundir. Unha aperta
--
Asociación Pola Protección Animal Abeiro
asociacionabeiro@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario