Fundación Refuxio de Animais quere agradecer neste ano 2010:
A tod@s os voluntari@s por o seu esforzo, traballo e ilusión dedicada aos animais durante os 365 dias ao ano, xa fixera frío, choiva, neve ou moito calor.
A tod@s aqueles que adoptaron animais do Refuxio, tornándolles o sofremento ata entonces vivido por unha nova e feliz vida.
A tod@s aqueles que por ser responsabeis e respetuosos, como aínda non poden ter animais e querían axudalos, os apadriñaron.
A tod@s aqueles que acolleron de forma temporal a animais que o necesitaron.
A tod@s aqueles que coas súas doazóns en metálico ou en material axudaron a moitos animais do refuxio.
A tod@s aqueles que participaron nas actividades feitas ao longo do ano 2010: “Cancerto”, “Minicanmiño”, compra do material do Refuxio, recompilación do material para o mercadillo solidario, actuacións, saídas…
A tod@s aqueles que coas súas accións e denuncias axudan a tantos animais no seu sofremento.
é por todo isto que a Fundación Refuxio de Animais quere dar as grazas, pois sen el@s, nada podería facerse por eles.
Esperemos que no próximo 2011, sexamos moitos máis os que poidamos cambiar para mellor a situación de tantos e tantos animais.
¡¡¡GRAZAS POLO 2010 E FELIZ ANO 2011!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario