viernes, 8 de abril de 2011

MILADY MORREU ((canciña adoptada no refuxio de Bando))

COPIO: Chamaronme os donos para contarme que Milady morreu. Unha noite deitouse na súa camiña e pola mañán xa non estaba entre nós. A xente estaba moi agradecida de polo menos, haberlle dado os ultimos meses de vida no seu fogar de sempre e resaltan que morreu sendo feliz e rodeada polos seus.

síntoo... hai pouco coñecín esta canciña, non en persoa, pero si souben a súa historia...
comezo: a milady adoptárona no refuxio, e tempo despois perdeuse. ... os donos buscando por ela, e nada. logo duns meses paloma levou a milady a Localia, e unha persoa que coñecía ós donos chamounos... milady por fín na casiña. pois ben... dicir que polo menos morreu rodeada de cariño, na súa camiña. síntoo, milady. lévoche no corazón. e seguros que @s demais voluntari@s, uns que si che coñeceron en persoa, e outros pola túa historia, tamén che din adeus. descansa!!!

MILADY

Data de ingreso: 01/01/2011

Sexo: femia

Raza: mestizo pekinés

Peso: 5 kg

Ano de nacemento: 2005

Pelo: corto

Historia: Atopada na Rocha Vella nun foso, levaba varios días ahí e recóllena. É moi boa e está moi

6 comentarios:

Anónimo dijo...

¿pero non se lle puxo microchip cando a adoptaron a primeira vez no refuxio?

vir dijo...

eu creo que foi unha cousa rara

esta canciña cando apareceu, chamaron ós donos e dixeron que non era ela, non a recoñecían, logo pola tele un amigo deles lles chamou e lles dixo que era ela ??!!

agora ben, eu penso que foi adoptada no refuxio, pero agora xa me fas dubidar!!??

preguntarei. unha cousiña, se ves que tardo, porfa, avísame nesta mesma entrada.

graciñas!!!!!!!!!!!!

Montse dijo...

¿Como foi ó final esta historia?

vir dijo...

ola, graciñas por avisar, xa pregunto logo sobre ela. bicos. vir.

vir dijo...

ola, pois dentro que preguntei, espero non trabucarme...

en decembro 2010 buscaban unha canciña (os donos), levaba 3 días nun buraco e unha persoa lles dixo que había un raposo metido nun buraco había 3 días ( co cal, ó ser un raposo quemata galiñas!!! nin caso) recollérona moi moi mal, era moi maior, creo que sobre 12 anos ou máis. foi cando entrou no refuxio por primeira vez, eu pensei que fora adoptada alí. agora, non sei se tiña chip ou non, se non o tiña xa llo poñen ó recollela os donos ou ó adoptala.

os donos a viron (pero non sei como foi esta parte, e non a recoñeceron) (xa me podo imaxinar como estaría...)

paloma levouna á tele e un amigo dos donos a viron e os chamaron que era ela.

fórona buscar e encantados de recuperala.

logo mandaron un aviso que morrera na súa camiña.

espero che aclarase.

graciñas por interesarte.

vir dijo...

a de paso publiquei a voso blog nas nosas páxinas. noraboa.