FOTOS DE OLALLA
E alí ía eu... co sol reflexando nos cristais, o calor do coche golpeando os asentos. Era o meu primeiro día de "verán" subindo ao Refuxio de Bando e estaba tola de contenta. Por fín, en moitos días, íamos poder pasear aos cans coma se non houbese mañá! E ó monte... íamos poder ir ó monte sen enchernos de barro, sen mollarnos e sen precisar mais roupa que a posta! Era, dende logo, un GRAN DÍA. E non só para nós... senón tamén para ELES!
E subía costas, subía costas... e xa empezaba a ulirse a felicidade dos que estaban fora, desfrutando do sol, e do calor, e do ceo azul despexado co fondo sonoro máis característico de Bando: os ladridos de centos e centos de cans, aínda que... ¡moitos menos que de costumbre! ¿E por qué? Porque moitos dos nosos amigos, optaron ese día por...

¡Durmir! Aínda que enseguida se levantaron para saudar :)
o de aquí de todo é CANCHI, adoptado!!!!

e incluso para facer malabarismos! É que un día de sol aquí, da para moito, moito.
o da esquerda, atrás, é TRILLIZO, bañeino este xoves pasado 14 abril GUAPO!!!!

CANCHI ADOPTADO!!!! abril 2011
a canchi rapárono hai pouquiño, e adoptárono,
cando foron velo, mesmo lles gustou tanto co pelo longo, coma cando estaba rapado.
Pero imos comezar polo principio.
En canto cheguei ao refuxio, o meu amigo POLONIO veu correndo, correndo, a saudarme:

rotura de cadeira, agora xa salta, pasea (pasouno moi mal)
POLONIO é un caso especial. Apareceu atropelado (cadeira ROMPIDA, PENSAMOS SERÍA A COLUMNA). Pero é moi boíño e déixase facer todo o necesario. Non podía camiñar, pero agora corre coma unha lebre de rápido! E é tan cariñosooo... e cunha forza de vontade que sorprende. Xa o primeiro día tentaba levantarse para saudar a xente e buscar mimos, e cando se lle ía visitar ao seu canil, onde estaba só para recuperarse perfectamente, berraba chamando por tí, e lambíache todo canto atopaba do teu corpo! Agora xa comparte canil con outro can máis, e está moi, moi contento. Ten unha infección nun ollo, pero seguro que enseguida se cura. Dende logo, quen o leve, levará un saco cheo de amor e agradecemento. Todos nós deberíamos ter un POLONIO na nosa vida, para recordarnos sempre seguir adiante pase o que pase, e desfrutar de cada momento da nosa vida.
POLONIO
Data de ingreso: 11/02/2011
Sexo: macho
Raza: mestizo grifón
Peso: 15 kg
Ano de nacemento: 2010
Pelo: medio
**
Logo de saudar a Polonio, e cambiar de calzado, atopeime con DEDALETA e con SETTITA. Ámbalas dúas son grandes amigas e compañeiras, e fan unha parella a mar de simpática. É precioso velas correr xuntas, e xogar. Ademais, ese día acababan de pasar por unha sesión de perruquería e tiñan o pelo brillante, liso e fino. Vamos, que estaban preparadas para ir a unha voda! Ou aínda mellor... ¡a un fogar onde as coidaran tan ben tódolos días!

SETTITA ADOPTADA!!!!!! abril 2011
DEDALETA ADOPTADA!!!! finais abril 2011
DEDALETA (IZQDA) : femia de setter inglés. Aproximadamente 5 anos, e 22 Kg de peso. Foi atopada fai xa un mes pola zona do Milladoiro. É moi boa e obediente.
SETITA (DCHA): femia de setter inglés. Aproximadamente 4 anos e 22 Kg de peso. Atopouse vagando pola Rúa do Vilar (Santiago de Compostela) hai xa bastante tempo.

**
Pronto, chegou o momento das saídas ao monte. Aos cans encántalle camiñar polo monte........



.......correr, olfatear, e ¡comer herba!

DUÍDO
a duído gústalle comer herbas,
as que hai dun lado cando sobe, e as do outro cando baixa!!
Aínda que ás veces, tamén lles gusta tumbarse e desfrutar do tempo que pasan fora do refuxio.

PINOCHO adoptado maio 2011

(((creo que boliche)))

E @s voluntari@s tamén!!

E ao final, uns poucos de mimos, que nunca veñen de máis.
o da esquerda é armiño

rapámolo hai uns días, tiña o pelo fatal,
e ademais estaba moi delgado
**
E para terminar a xornada, CORTE DE PELO, un bó baño, e un bó peiteado para a nosa CENICIENTA, que está adoptada e xa vai pronto para unha casa de verdade!

Sé feliz, CENICIENTA! Apenas levaba un mes no refuxio e xa atopou un bó fogar.
Ogallá tódolos días terminaran así de ben.
máis en
http://www.facebook.com/media/set/fbx/?set=a.1571237371384.2085447.1549016384
http://www.facebook.com/#!/media/set/fbx/?set=a.190517340981490.44798.100000696770263
http://www.facebook.com/#!/media/set/fbx/?set=a.200948853271672.49195.100000696770263
CORTE PELO : MÓNICA E VIR
LAVADO: VIR
SECADO E PEITEADO: OLALLA
FOTOS OLALLA
TEXTO E DESEÑO ESTELA
e subir a ollo (VIR)...
xa está!!!
ESPERO DISFRUTEDES DESTA MARABILLA!!!
1 comentario:
QUE LINDAS FOTIÑOS NENAS! MOITAS GRAZAS!
Publicar un comentario