domingo, 24 de abril de 2011

ADOPTADA!!!! SALVADA!!!! URXENTE!!! canciña abandonada Bertamiráns. ESTÁ NO REFUXIO DE BANDO





de nome CHILLA, foi adoptada a semana pasada (xullo2011)

26 abril, xa está salvada, está no refuxio de bando
cando saibamos como está e o nome xa o poremos, e fotos.
graciñas a todos/as por estar aí
e noraboa á canciña





ola, esta canciña está abandonada zona bertamiráns. pequena, marrón, as patas de atrás con feridas na pel, mamas coma se estivera preñada ou recén parida, desorientada, tenlle medo ás persoas, pero non ós coches.

estiveron olalla + alberto detras dela ó medio día, eu uninme á tardiña, métese polo medio dos coches, atravesa a carretera, tiveron que parar os coches varias veces. ten as patiñas mal pero corre moito, TEN MEDO!!!!

tememos que a atropelen.

estaremos atentos estes días.

demos un aviso a 112. o luns chamaremos á brigada de medioambiente ames 619829772


se a vedes dade aviso 112, policía local 619767575 ou brigada 619829772

graciñas. vir

13 comentarios:

Anónimo dijo...

pudisteis cogerla?

vir dijo...

nada, levoulle olalla, nuria, etc comida pero non se achega... tenlle demasiado medo á xente, e non fai máis que cruzar a rúa. mañá xa chama olalla á brigada.

graciñas por preguntar.

Anónimo dijo...

eu hoxe vin un cadeliño de raza pequena e non fun capaz de collelo (na volta do castro); iba correndo pola carretera de vidán ata chegar á rotonda de conxo e parei o coche....case o atropelan....-; tiña moito medo e non se me acercou; foi ás 11 e media de hoxe (domingo) e ogallá que non lle pase nada; non sei cómo facer se o volvo a ver pq ao correr pola estrada podo asustalo de mais ou provocar un accidente....

vir dijo...

se estás en santiago 112 e das aviso de onde estás, o máis exacto posible.

se o tes collido, xa directamente a 092 que che pasen co laceiro. ti ó 092 dislles que atopaches un can, e che pasan co laceiro, ó laceiro lle explicas onde estás para que cho vaian buscar.

VIDÁN é de Santiago

se é ames, brigada de medioambiente que está o tfno na entrada, ou 112, "que está no medio da carreteira, cruzando, etc... 112

ti, o collas ou non da sempre aviso.

en santiago, teo, ames, brión, vedra e boqueixón teñen recollida, van para o refuxio de bando, nós, as que estamos intentando coller á de bertamiráns, somos voluntarias do refuxio.

santiago 092 ou 112, no resto, se non sabes nº do concello ou de quen recolle, ou policía ou 112, xa rexistran a chamada e dan aviso.

importante dar aviso sempre.

logo se o recollen podes intentar saber se xa está arriba mirando na pax do refuxio www.refuxio.org, data de entrada, lugar... ou deixas aviso aquí e miramos nós. a pax tarda sempre 1 semana en actualizar, co cal, + rápido ou ir alí, ou miramos nós nas fichas da entrada do refuxio.

(tamén isto así se por se perdes un, ver se xa foi para o refuxio, e ademais chamar e mandarpor correo foto e datos + exactos, e contacto)

espero isto che axude.

graciñas. vir.

(e acórdate de dar o aviso aínda que sexan unhas horas máis tarde, queda sempre rexistrado, e se pode producir un accidente, con máis razón)

Tamy dijo...

Nosotros también intentamos coger a esta perrita, pero no hubo manera, estaba tan asustada!!!
Llamamos al 112 también, pero no sabemos si la han podido coger, esperemos que sí, porque por la manera que iba entre los coches como siga así va a acabar mal.

vir dijo...

onte estiveron nuria, olalla, + 2 intentando, leváronlle comida. estiveron ata a noitiña. estivo nunha finca, tiña cansancio´púxose a durmnir, pero se se achegaban, escapa, non sei máis, hoxe volverían chamar á brigada.

vir dijo...

recollida, xa está de camiño ó refuxio de bando, se é que non chegou xa!!! foi durmir onte a unha finca, onde lle botaron comida, e hoxe foi durmir lí a sesta, co cal, chamaron dende alí á brigada e a colleron.

ten as patiñas de atrás moi mal. metíase moito ós coches, pode que a tiraran dende un coche.

pode que tivese hai pouco cachorros, pero pola pinta non os tiña con ela, pois ía sempre dar á mesma finca para durmir, e pasaba o día nas carreteiras. penso que llos tiñan xa quitaron, pois supoño que se os parira por esa zona iría durmir con eles.

xa está a salvo, dende o sábado estivo a piques de ser atropelada moitas veces.

cando nos toque subir a un/unha dos que a estivemos intentando coller, xa avisamos que nome ten, como está, e lle faremos fotos.

graciñas. vir.

vir dijo...

gracias nuria, olalla, etc e tamy, e os que seguíchedes o caso desta canciña.

e gracias tamén á brigada que veu varias veces ó lugar, ata que finalmente a deu collido.

vir dijo...

COPIO: A cadeliña que abandonaron en Bertamiráns por fin está a salvo!! Despois dun bo anaco pateando Bertamiráns (tanto os da Brigada coma nós) localiceina no mesmo sitio onde a viramos onte pola noite e avisei á Brigada. A pobre estaba durmindo tan profundamente que non se enterou ata que o rapaz a tiña dentro do truel. Mañá pola mañá súbena ao Refuxio :)

Tamy dijo...

¡Cuánto me alegro!
Espero que pronto encuentre un buen hogar.

Muchas gracias a tod@s los que habéis conseguido que esta perrita esté a salvo.

Un abrazo

vir dijo...

está en bando, eu vina ben. a ver se por fín a saco a pasear.

Tamy dijo...

¿se sabe algo de esta perrita? encontró hogar?

Gracias.

vir dijo...

ola. esta canciña foi recollida despois de 4 días. voluntarios/as de bando estiveron intentando collela. ó final entre eles e a brigada, foi para o refuxio.

tiña de nome CHILLA.

adoptárona hai 1 semana. estaba moito máis bonita. e co pelo moi ben.