jueves, 21 de abril de 2011

MEDOS... de acollida na casa dunha voluntaria. (case toda a súa vida no refuxio de Bando en Santiago)

MEDOS en acollida - graciñas Eva

entradas en ollo sobre MEDOS
levaba no refuxio dende 2005, 6 longos anos

ESTER fainos unha visita (antiga voluntaria do refuxio de bando) abril 2011
http://perrosadopcion.blogspot.com/2011/04/esther-fainos-unha-visita-antiga.html


***

Pensamentos dun can: sentimentos

CAPÍTULO I: O rabo de medos. ano 2010
http://perrosadopcion.blogspot.com/2010/05/pensamentos-dun-can-sentimentos.html


Estaba alí, de novo, ás escuras. Non oía un chío. Pero como can que son, mellor quieto!!! Segundo ía abrindo o día , fun vendo asombras, outros cans...os cans do meu canil. Aquí neste lugar fun ben recibido, comida e auga non me faltan, nin cariño. Pero o que vivín non se me esquece. O rabo o teño tan debaixo miña que non sei se sairá algún día. Os que me coidan fanme sentir ben, pero teño o medo tan dentro de min!!Como pode ser que aqueles que me querían, me levaban de paseo, sen esperalo, me deixasen no medio do monte. Esperi, esperei. Esperei por se volvían. Pero non volveron. Non me movín durante varias lúas. Pasei fame, frío, e dor de corazón . Cando decidín moverme, achegueime a un camiño, pero as patas xa non tiñan forza. Do resto xa non me lembro. Só recordo unhas voces e que me espertei aquí.

Pensade en min. E pensade no meu rabo , que xa non sei nin como é.

Asinado coa pata: Medos

proximamente o segundo capitulo "Unha nova compañeira, un novo abandono"


Por Vir e os alumnos do IES de Ames


***

CAPÍTULO II: unha nova compañeira (un novo abandono) ano 2010
http://perrosadopcion.blogspot.com/2010/08/historias-dos-cans-do-refuxio-o-can.html


ESTES PENSAMENTOS SON DO CAN "MEDOS" QUE SEGUE NO REFUXIO AGARDANDO QUE ALGUÉN SE DECATE DE QUE ESTÁ ALÍ.


Escuro. Moi escuro. Estou quedo, escoito, e oio respirar. De cando en vez un can laiando. Medo. Pesadelos. Volvo a quedar medio durmido. De súpeto esperto coa luz do sol, e xa vexo ós meus compañeiros e xa me traen a comida.

Saímos dar un paseo, e con tanto cariño ás veces se me esquece o que pasei antes de chegar aquí. Cómo poden quererme e nun intre estar só. Esperei moito alí sentado, por se volveran, pero non volveron. Pasei moita fame. E frío.

Despois deste vagar de pensamentos, decátome que temos unha nova compañeira. Vén moi delgada, cun pelo negro coma o meu, brilante, pero moi pegado ó corpo. O meu estómago doime, e o corazón se me aperta. A saber cantos días leva por aí perdida, sen rumbo, quen a recollería… xa me enterarei, pero agora, voulle votar un pouco de forza e voulle dar ánimos, aínda que por dentro estou destrozadiño.

Espero teña sorte e se fixen nela. E a queira alguén.

A ver se teño eu sorte e se fixan en min. Levo aquí moito tempo. Sen máis.

Asinado co fociño: Medos.


por Vir e os alumnos e alumnas do ies de Ames

***

CAPÍTULO III: estou aquí, é que non me vedes???

http://perrosadopcion.blogspot.com/2010/10/pensamentos-dun-can-sentimentos.html

Outra vez esa escuridade.
... ...Outra vez esa escuridade!!!!!
... ... ... O rabo entre as patas. O pelo negro. Os ollos de pena. Medos xa está perdendo esa chispa. Esa chispa que vai por debaixo de todo ese pelo, de toda a súa pel. Medos é precioso, pero con tanto medo, o seu pelo non luce. Con tanto medo, o rabo se lle agocha, e o lombo se lle curva. O nome, puxéronllo ó chegar, daba arrepío velo. Pero non se lle da cambiado o nome, mentres non se lle vaia ese medo. E non se lle vai ese medo mentres siga espertando ás escuras e revivindo os momentos antes de chegar alí. E claro, con ese medo, o seu pelo negro coma o azabache non luce, pois a tristura lle chega ás puntas dos pelos. E claro, así non se fixan nel, aínda que eu ben sei que por dentro vota de menos o calor dun fogar.


E, cos seus ollos tristes, case me chegan ós meus oídos un chío silenciado dos seus pensamentos: Estou aquí! É que non me vedes!?

.

Asinado coa pata traseira: medos.

.

Por Vir e os alumnos e alumnas de 1º eso do Ies de Ames, curso 09-10

.

.

"MEDOS" É UN CAN MEDIANO, NEGRO, CON PELO LONGO, SUAVE E BRILLANTE. Leva xa moito tempo no refuxio, e agarda que alguén se fixe nel. Pasa desapercibido, pero está aí, esperando que te fixes nel. É un can moi querido no refuxio.

POR DENTRO: tranquilo, bo, cunha personalidade singular, e POR FÓRA: preciooooooooso.
.

***

MEDOS segue no refuxio - Historias cans dos alumnos do IES de AMES (ano 2010)

http://perrosadopcion.blogspot.com/2010/02/historias-cans-dos-alumnos-do-ies-de.html


***

ester e medos xullo 2008
http://perrosadopcion.blogspot.com/2008/07/esther-e-medos.html



1 comentario:

vir dijo...

COPIO de Ester:

Públicas gracias para Eva, que se llevó en acogida a Medos. Ese perro es tan especial para mí que siempre lo consideré mio, aunque nunca conseguí de él mas que un tímido acercamiento para escapar con una galleta, salvo al principio, cuando estaba en una de las salas, atropellado, con Suni saltándole encima... Su mirada es tan especial, que estoy convencida de que si Dios existe, tiene que mirar de esa manera.
Eva te envidio por tenerlo, y te lo agradezco, no sabes cuanto. Un besazo.