YAYO
http://www.facebook.com/#!/event.php?eid=195122810526246este sábado imos a visitar a PROYECTOGATO en VIGO
fixemos este evento para quen queira axudar, de paso que imos, pois levaremos penso, area... ou o que nos donedes. no refuxio de bando, no que somos voluntarias deixamos un peto, e xa nos deron algún penso, e mantas... gracias!!!!!!!!!!
Supoño que a estas alturas todos coñecedes a situación na que se atopa a asociación Proxecto Gato (Vigo), pero para aqueles que non esteades ao tanto, dicir que teñen ao seu cargo arredor de 500 gatos e que dende fai un ano non contan con máis axuda que a dos seus socios, padriños e particulares que lles achegan material. Para máis información podedes picar no seguinte enlace: http://blogdeproyectogato.
Varios voluntarios do Refuxio de Bando estamos programando unha viaxe solidaria ás “súas” instalacións para o próximo 16 de abril. Temos previsto saír en dous coches dende Santiago de Compostela para achegarlles material que precisan, así que todos aqueles que queirades contribuír aportando algunha cousa podedes deixar aquí a vosa mensaxe ou a través do seguinte enderezo lupitaogato@hotmail.com, e porémonos en contacto convosco para ir a recollelo.
Calquera contribución, por pequena que sexa, será ben recibida. Acompañamos un listado coas cousas que máis precisan agora mesmo:
-Area (gastan uns 18 kilos por día!!)
-Penso (Tonus, Coshida, do Mercadona ou Breckies Excell)
-Pensos para dietas especiais: Urinary, para problemas de estómago, intestino e renais, kitten, etc.
-Latiñas (das normais e para dietas especiais)
-Leite para gatiños
-Desparasitadores (internos e externos)
-Potitos para bebés (sen cebola nin porro)
-Antibióticos, todo tipo de colirios
-Outros medicamentos (duphalac jarabe; trimetabol jarabe; cleboril jarabe; vibracina jarabe; flagil jrabe o pastillas; vitaminas k, c inxectables; dacortin 2,5 gr.; conofite forte; sinalar ótico y nasal; aurizón; virgán pomada; óculos epitalizante; opositón, halibut, blastoestimuline pomadas; primperán inxectable; eufilina venosa inxectable; flumil inxectable; ultra-levura; fulcín 125, 100 comprimidos; urbal sobres; tobrex; tobradex; colicursí tropicamida; oftalmowell; auromicina; lágrimas; zantac; meloxydil; panacure 500)
-Bolsas do lixo (das máis grandes), guantes de goma, etc.
-Mantiñas, toallas, etc.
Lembrade tamén que por tan só 4 euros ao mes podedes apadriñar un dos seus gatos. Coa vosa contribución axudaredes a pagar os seus gastos veterinarios e de alimentación. Ademais manterásevos informados e avisarásevos cando sexa adoptado, e nese momento poderedes decidir se queredes apadriñar a outro gato ou non.
Tamén podedes facervos socios ou, se preferides, axudar economicamente facendo un ingreso en Caixanova 2080 0128 19 0040005191 ou en Banco Santander 0049 5472 41 2695035009.
No hay comentarios:
Publicar un comentario