viernes, 22 de abril de 2011

O FUTURO ESTÁ... CACHORROS DO REFUXIO DE BANDO en Santiago

O FUTURO ESTÁ...

por Estela Solar Carballada o Mércores, 20 de Abril

Qué difícil cantarle a tierra madre

Que nos aguanta y nos vio crecer

Y a los padres de tus padres

y a tus hijos, los que vendrán después...

Cachorros nº 1 (REBEKA) e nº 2

Que o futuro está nos nosos nenos, non é un termo inventado agora. Todo o mundo o di. E así fala tamén a natureza. Nacer, crecer, reproducirse e morrer. Non obstante, os tempos cambian. Ninguén quere ter fillos que non pode coidar. Fillos que non pode manter. Ninguén quere ter fillos para velos morrer. Para velos sofrer. E as persoas temos atopado certas solucións para que iso non ocorra, pero... e os animais? Non teñen eles ese mesmo dereito? Certa persoa preguntoume unha vez, "Quen ten dereito a non sofrer?" e eu, que naquel momento, non souben que dicir, mireino aos ollos e agardei pola súa explicación. E entón, díxome "Eu penso que teñen dereito a non sofrer, aqueles que sofren". Posiblemente esa persoa non imaxine o que conseguiu con esas palabras, pero a verdade é que, polo menos a min, esas palabras chegáronme ben fondo.

Cachorros nº 3 e nº 4 (PINI e PONA)

No refuxio de Bando viven moitos animais. Algúns chegaron cando xa eran vellos. Outros cando xa tiñan algúns anos de vida. E unha gran parte de todos eles... non só viven alí, senón que esa é a única realidade que coñecen. As súas nais chegaron ao Refuxio solas e preñadas, e os seus cachorros naceron alí, entre catro reixas. Deron os seus primeiros pasos entre catro reixas. Medraron entre catro reixas, e agora están entre catro reixas. Saen ao campo e experimentan a vida só cando aqueles que no seu tempo libre exercen coma voluntarios, poden facelo. E que clase de vida é esa?

Os Refuxios de animais, son lugares creados para brindar segundas oportunidades.... pero ás veces tamén teñen que loitar polas PRIMEIRAS. Non por gusto... senón por necesidade. E aínda así, ás veces, píntannos coma os malos das películas... píntannos así cando falamos de ESTERILIZACIÓN das mascotas e da TENENCIA RESPONSABLE das mesmas. Pregúntannos que por que, se tan amantes dos animais somos, somos capaces de quitarlle aos animais unha parte do seu corpo. E nós dicimos, que se tan amante dos animais son eles, por que deixan aberta a posibilidade de que a súa cadela quede preñada para logo deixar aos cachorros na rúa, ou aínda peor... para metelos nunha bolsa e afogalos. Pregúntannos que por que non lles deixamos adoptar un animal sen castrar. Dicímoslles que porque non lle vamos dar un animal para que logo nos traian de volta cinco, xa que así non funcionan as cousas. E poida que ninguén o crea, pero... a que non adiviñades por que estes animais están aquí?


Cachorro FEMIA nº 5

Esta é a última cachorriña de tres irmáns atopados por un voluntario nun contedor de basura. Estiveron en acollida para sobrevivir os primeiros meses, e logo subíronse ó Refuxio. Os seus irmáns xa están adoptados, pero aínda queda ela. Será de tamaño mediano - grande.

FUKA (2 anos, 12 Kg peso)
e as súa camada de 3 femias (As Fukiñas)

QUECHUA e a súa filla QUECHIÑA

Desafortunadamente, hai máis... e eu só espero que pronto atopen un fogar, pois se un Refuxio de Animais non é lugar para vivir ninguén, menos aínda para uns cachorros con toda a súa vida por diante, e tantas cousas do mundo por ver. As cousas bonitas, polo menos. O amor dunha familia, o calor dunha casa, a comodidade dunha camiña...

FOTOS DE NURIA, OLALLA e REFUXIO.

REFUXIO DE BANDO

Zarramacedo, s/n - Bando (moi preto do Monte do Gozo)
Santiago de Compostela
Horario visitas: Luns ,mércores e venres de 9.30 a 14
Sábados e Domingos de 10.30 a 13.30
Martes, Xoves e festivos pechado

981575957 e 646492835

e-mail: refuxio@refuxio.org
Web http://www.refuxio.org/


No hay comentarios: