martes, 9 de febrero de 2010

MEDOS segue no refuxio - Historias cans dos alumnos do IES de AMES

Historias cans decembro 2009 xaneiro 2010 De 1º e 3º curso da ESO do IES de AMES Os relatos foron creados polos meus alumnos e alumnas de 1º e 3º da ESO, e tódolos debuxos, contos, historias, traballos, recompilación de información, faise entre todos e todas, incluída eu. ADICADO A ELES A podi - podenquiña - nanuk – - madonna – oli – pin e pon – pin agora é chonchi – pon morreu – fontiño – fociña – roma – mateo (gato) – forellas – golfo – varios irmáns – queda un – barbas – magnum – porto – greiben – lucas – buga – néboa – medos – sety – arlequiña - bufón Cantándolle a medos Medos tiña moito medo, lalaralalá, Cando se atopou tirado, uau, Na estrada abandonado, lalaralalá, Mentres os coches pasaban, uau. Menos mal que o atoparon, lalaralalá, Na beira todo acurrucado, uau, Tremendo, sedento e famento, lalaralalá, Con frío, sede, fame e... medo, uau. Medos tivo moita sorte, lalaralalá, Cando pasou unha gran persoa, uau, Que parou a rescatalo, lalaralalá, Sen estar espachurrado, uau. Medos chegou ó refuxio, co seu pelo negro brilante, co rabo baixo. Ten comida, auga, danlle paseos, mimos, pero necesita un fogar, alguén que o queira e o mime. Leva alí moito tempo, e pedimos por el que alguén se fixe nel. Por favor. Necesita calor, ese calor duns donos que o cuiden como el se merece. SORTE MEDOS!! Nós dende aquí che mandamos ánimos, e un pouco de sorte. POR: Ainara , Josua B, Patricia , Marta C.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

ola!! xa falei cos alumnos e alumnas, están rematando algúns traballos máis e debuxos, e... xa me dixeron que queren apadriñar un can!!!

un biquiño. vir.

Esther dijo...

Hola.
Medos é o meu can. Chegou o mismo día ca Tsunami, a cadeliña de Marta. Estaba moi ferido, tiradiño alí na cociña, tapaba a cabeza cunha patiña, como querendo dicir "non quero saber nada mais desde asqueroso mundo" e a Tsuni saltandolle enriba. Conmoveume, non sabedes canto, que alguén escriba sobre él. Eu non podo ter can, pero mentras estiven no Refuxio de voluntaria era o meu favorito, con permiso dos demáis. Grazas a quen escribeu sobre él. MEDOS É O MEU CAN

Voluntari@s do Refuxio de Bando dijo...

A verdade é que é un texto precioso, para un can que merece iso e moito máis. Esther e Medos. Sunami tivo máis sorte ca el, e atopou unha casiña aos 7 meses de chegar. A Medos tocarálle tamén, iso esperamos, pero faise esperar. Medos está contento, e seguro que é porque sinte que o seu anxo Esther o protexe dende lonxe. Bicos a todos, de parte dos voluntarios do Refuxio. Un bico moi especial para Esther, de parte de Sunami

Esther dijo...

Hola, Martiña
¿cómo che vai a vida? ¿cómo está a miniTsuni?
escribeme a banomae@hotmail.com
Só quero non perder o contacto contigo.
Un bicazo para as dúas

Anónimo dijo...

ola!! eu de novo. temos preparadas máis historias e mesmo debuxos, de medos, podi, forellas, golfiño... pero co entroido paramos un pouco. aquí tamén vai saír publicado na páx do centro, e en cíclope, que é o periódico do centro, en formato papel e virtual.

xa vos irei dicindo. e mesmo porei enlaces.

biquiños. vir.