Teñen moito que dicir... Se os cans, canciñas, gatos e gatas, e outros moitos animais falasen... Pero os que si teñen moito que dicir, e poden, son os nenos e as nenas. Este proxecto vai poñer en contacto os nenos e nenas do ies de Ames, dunha clase de 1º ESO e outra de 3º ESO, cos cans, canciñas, gatos e gatas do REFUXIO de BANDO. O traballo vai ser guiado, e ó longo de todo este curso, pero a iniciativa, as ideas, os textos, os debuxos, e todo o que se aporte, vai ser elaborado por eles e elas. Esa implicación directa, axuda a concienciar, non só a eles, senón ós seu achegados, e mesmo a todo aquel que o lea, E O VIVA. Imos seguir moi de preto ese proceso de crear algo. E que menos, tratando un tema moi importante, e á par, que os motiva moito. O primeiro paso é que elixan un animal do refuxio, por foto, e escriban ou debuxen o que lles inspire. Trataremos tamén a adopción responsable, formas de colaborar, e outros temas. No centro faremos unha exposición de todo o traballo: texto, debuxos, fotos... e o que se poida aportar. Algo que empeza dunha idea e que non vai deixar a ninguén indiferente. E, como non, iremos de visita ó refuxio!!! Todo está en proceso pero xa vai collendo forma.
Vir
miércoles, 3 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
me parce un proyecto genial, que los chavales aprendan al lado de nuestros amigos para respetarse y cuidarse mutuamente....
¡¡Animo!!
graciñas miguel!!! e a todos e todas que se unen nisto.
vir.
Publicar un comentario