síntoo... hai pouco coñecín esta canciña, non en persoa, pero si souben a súa historia...
comezo: a milady adoptárona no refuxio, e tempo despois perdeuse. ... os donos buscando por ela, e nada. logo duns meses paloma levou a milady a Localia, e unha persoa que coñecía ós donos chamounos... milady por fín na casiña. pois ben... dicir que polo menos morreu rodeada de cariño, na súa camiña. síntoo, milady. lévoche no corazón. e seguros que @s demais voluntari@s, uns que si che coñeceron en persoa, e outros pola túa historia, tamén che din adeus. descansa!!!
MILADY
Data de ingreso: 01/01/2011
Sexo: femia
Raza: mestizo pekinés
Peso: 5 kg
Ano de nacemento: 2005
Pelo: corto
Historia: Atopada na Rocha Vella nun foso, levaba varios días ahí e recóllena. É moi boa e está moi
6 comentarios:
¿pero non se lle puxo microchip cando a adoptaron a primeira vez no refuxio?
eu creo que foi unha cousa rara
esta canciña cando apareceu, chamaron ós donos e dixeron que non era ela, non a recoñecían, logo pola tele un amigo deles lles chamou e lles dixo que era ela ??!!
agora ben, eu penso que foi adoptada no refuxio, pero agora xa me fas dubidar!!??
preguntarei. unha cousiña, se ves que tardo, porfa, avísame nesta mesma entrada.
graciñas!!!!!!!!!!!!
¿Como foi ó final esta historia?
ola, graciñas por avisar, xa pregunto logo sobre ela. bicos. vir.
ola, pois dentro que preguntei, espero non trabucarme...
en decembro 2010 buscaban unha canciña (os donos), levaba 3 días nun buraco e unha persoa lles dixo que había un raposo metido nun buraco había 3 días ( co cal, ó ser un raposo quemata galiñas!!! nin caso) recollérona moi moi mal, era moi maior, creo que sobre 12 anos ou máis. foi cando entrou no refuxio por primeira vez, eu pensei que fora adoptada alí. agora, non sei se tiña chip ou non, se non o tiña xa llo poñen ó recollela os donos ou ó adoptala.
os donos a viron (pero non sei como foi esta parte, e non a recoñeceron) (xa me podo imaxinar como estaría...)
paloma levouna á tele e un amigo dos donos a viron e os chamaron que era ela.
fórona buscar e encantados de recuperala.
logo mandaron un aviso que morrera na súa camiña.
espero che aclarase.
graciñas por interesarte.
a de paso publiquei a voso blog nas nosas páxinas. noraboa.
Publicar un comentario