O pasado 26 de febreiro, realizóuse en Santiago de Compostela unha xornada pola adopción e tenencia responsable de animais, levada a cabo por responsables e voluntarios do Refuxio de Animais de Bando, en colaboración co concello compostelán, e demáis concellos vinculados a este centro de recollida de animais abandonados. Para acadar o obxectivo pola concienciación e adopción de animais como primeira opción á hora de ter un animal de compañía, proclamouse este día como O DÍA DA ADOPCIÓN e:
Camiñamos polas rúas e parques de Compostela con cans listos para ser adoptados,
Recaudamos fondos e entregamos pegatinas co logo da "pegada" a todos aqueles que colaboraron con nós, ¡e foron moitos!
Puxemos un centro de información para responder ás dúbidas da xente que se achegaba, explicando todo ó relativo á adopción, á situación do refuxio e cómo chegar, e as formas de colaborar con nós, xa sexa de forma económica apadriñando animais, acollendo temporalmente na súa casa a algún canciño, ou formando parte do noso afortunadamente cada vez máis amplo equipo de voluntarios/as! Gracias a isto houbo algúns apadriñamentos e unha voluntaria máis uníuse a nós, ¡benvida!
A nosa amiguiña HAU, atopou fogar gracias a todo isto, e sólo por ela xa mereceu a pena! Pero outros cans que se baixaron, seguen esperando á súa oportunidade, entre eles:
Visitáronnos Lúa e Noa! Adoptados hai pouco... e tamén CINZA e PAIVO!
Ademáis a voluntaria EVA PATO, profesora de música, colaborou con nós, coma sempre, dándolle vida ao noso día cunha pouca de música, ¡moitísimas gracias, artistas!
E falando de música... o gran CARLOS NÚÑEZ tamén se achegou a facernos unha visita e ofrecéuse a colaborar con nós nesta causa tan noble. Carlos, dende aquí, podes contar con nós tamén para o que precises! Moitísimas gracias!!
E gracias a TODOS os que fixeron esto posible. A todos os voluntarios, a Paloma Aguirre, aos concellos e sobretodo a toda a xente que con moito o con pouco colaborou con nós dalgún xeito e adoptou algún dos nosos sempre eternos amigos. Amigos de verdade. Dos que deixan PEGADA.
máis fotos!!!!!!!!
ultimamente gracias ás acollidas de fin de semana
e ás saídas está moito mellor, pero busca casa.
acollida ou adopción.
10 voluntari@s pola mañá, e 10 pola tarde, e 8 canciñ@s pasearon polas rúas de santiago.
os cans: dedal, dónovan, fran, hau(adoptada nese mesmo día), fifo, mariví, nando, tula.
unha adopción hau. noraboa.
varias visitas: entre elas o chico que adoptou a CINZA e PAIVO, vimos ó chico que adoptou a DIXI, tamén carlos núñez, etc etc
1 comentario:
Os músicos son: Andrea Mera (acordeón). Trio "The Pícaros": Diego Freire (guitarra), Carlos Freire (baixo eléctrico), Santi Arufe (acordeón)
Publicar un comentario