UN DÍA MÁIS NO REFUXIO
Fotografías de Olalla García Martínez.
Aínda que a primaveira non comezou, xa se empeza a notar o calor nas instalacións e arredores do Refuxio. Estes días de sol invitan a pasear, correr e disfrutar da natureza. Estes son algúns dos canciños que disfrutaron do maravilloso tempo o pasado luns, e quen sabe cando volverán ter a oportunidade...

Algo medoso. O primeiro día tentou de morder porque é moi desconfiado. Xa tranquilo é moi manso.
FEDERICO
Data de ingreso: 07/03/2011
Sexo: macho
Raza: mestizo pekinés
Peso: 8 kg
Ano de nacemento: 2009
Pelo: longo
Historia: Atopada en Sanfins de Sales Vedra. Levaba uns 10 días pola zona. Ten carácter.

PSICO
Data de ingreso: 03/03/2011
Sexo: macho
Raza: mestizo chihuahua
Peso: 7,7 kg
Ano de nacemento: 2005
Pelo: corto
Historia: Atopado na Facultade de Psicoloxía, é bo aínda que está un pouco asustado.

Xoven e moi xoguetón. ADOPTADO!!!!!!!

nandito adoptado!!!!!TADO!!!!!
Data de ingreso: 03/03/2011
Sexo: macho
Raza: mestizo pekinés
Peso: 7,8 kg
Ano de nacemento: 2010
Pelo: longo
Historia: Atopado na r/Rosalía de Castro, é moi bo e cariñoso. Chega con colar e correa.

RAMIRO
Data de ingreso: 03/03/2011
Sexo: macho
Raza: mestizo pekinés
Peso: 12 kg
Ano de nacemento: 2005
Pelo: medio
Historia: Atopado en San Lázaro, é moi bo e activo.
¿Coñeces a algún? Se é así, poida que o seu dono esté preocupado. Estes cans están No refuxio de Bando, e o aderezo e os números de teléfono pódelos ver na parte esquerda desta páxina. Doutro modo, en 20 días hábiles, estarán dispostos para adopción.
www.refuxio.org


SAMOA
Data de ingreso: 23/02/2011
Sexo: femia
Raza: mestizo samoyedo
Peso: 18 kg
Ano de nacemento: 2003
Pelo: longo
Historia: Atopada na r/ Madrid en Fontiñas. Moi boa e agarimosa, ponse enriba dun para coller mimos.

LEITE ADOPTADA!!!!!
Data de ingreso: 21/02/2011
Sexo: femia
Raza: mestizo husky
Peso: 21 kg
Ano de nacemento: 2009
Pelo: corto
Historia: Leva colar, atopado en Vidán. Moi boíño e cariñoso.

Resalta entre o resto pola súa tranquilidade. Camiña ao lado dun.
FUEGO
Data de ingreso: 21/02/2011
Sexo: macho
Raza: mestizo grifón
Peso: 10,5 kg
Ano de nacemento: 2010
Pelo: medio
Historia: Atopado nunha carballeira preto do Polígono do Tambre. É boíña e moi sumisa.
Por situacións semellantes pasaron tódolos demais cans do refuxio. Preparados e listos para adoptar están xa máis de 500 cans. Entre eles:

DEDAL(EN ACOLLIDA)
AVISO DEDAL ADOPTADO POLA CASA DE ACOLLIDA, GRACIAS IRIA!!!
DEDALETA femia de setter inglés. Aproximadamente 5 anos, e 22 Kg de peso. Foi atopada fai xa un mes pola zona do Milladoiro. É moi boa e obediente.
DEDAL, macho de setter inglés. Xa leva tempo no refuxio. É moi velliño pero coa idade ven a cordura e dedal convive perfectamente con cans, gatos e calquera outro tipo de animais, e adáptase perfectamente a un piso. Ten displaxia de cadeira polo que, ás veces, ao levantarse dóelle e chora, pero enseguida se recupera e pónse a correr. É moi agarimoso, e move o rabo en canto te achegas a él. Estaba moi mal pero coas saídas e os paseos, mellorou dun xeito impresionante e xa é hora de que teña unha familia como se merece.

RÍA chegou ó refuxio co morro hinchado. A recolleron tirada no río, e pola pinta que tiña sufrira mordiscos doutros cans.

HERA, foi atopada nunha caixa de cartón xunto a súa nai e o seu irmán, ámbolos dous adoptados. Falta ela. É unha femia e parece que non crecerá moito. É moi boíña e xoguetona. Soltámola pola habitación e nin sequera se notaba de que estaba por alí, explorando. O refuxio non é lugar para vivir un cachorro, e coma todos os demáis, precisa dun fogar.
981575957 e 646492835
refuxio@refuxio.org
como chegar: http://www.refuxio.org/orefuxio.htm
1 comentario:
novidades abril 2011 HERA ADOPTADA, DEDAL ADOPTADO POLA CASA DE ACOLLIDA
Publicar un comentario