martes, 29 de marzo de 2011

GALICIA TAMÉN DÍ NON AO MALTRATO ANIMAL


por Estela Solar Carballada o Martes, 29 de Marzo de 2011 ás 18:22

Pero no debemos gritar ni quejarnos solamente por aquellos que maltratan, sino también por aquellas personas que no dicen nada. Que ven, y callan. Nosotros somos la voz de aquellos que no pueden hablar, y mientras nosotros callamos, ellos sufren.

Así o dicían en PONTEVEDRA, onde asociacións coma O REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS, LIBERA, OS PALLEIROS, PERRIKUS, ou SOS GALGOS, e particulares, ademais de voluntarios do REFUXIO DE BANDO, reuníronse para dar un berro ó aire e por fin dicir, o que tantos coma nós desexamos sexa por fin unha realidade: NON AO MALTRATO ANIMAL. Eles, seres vivos que nolo dan TODO. Que forman parte, coma nós, da NATUREZA, do planeta TERRA, teñen tanto dereito Á VIDA coma tódolos demais. E non a unha vida calquera. A unha vida DIGNA. Porque nos tempos que corren, aínda hai quen se cree con dereito a facer ó que queira sen consecuencias. Aínda hai quen prefire vivir na ignorancia, cando o mundo, lonxe de ser de cor rosa, cada vez ten máis matices agrisados. Dor, sufrimento, angustia, frustración, impotencia, agonía e morte. Así é a vida de moitos animais dende o momento en que nacen, ata o momento en que morren, sen chegar a coñecer cousas tan básicas como a COMPAÑÍA, o AFECTO, ou a propia LIBERDADE.

Voluntarias de BANDO en Pontevedra

Voluntarios de Bando en A Coruña

Nós, que amamos a TODOS OS SERES VIVOS (incluídos seres humanos, que non somos máis que unha parte máis da VIDA NA TERRA) , que coñecemos e respectamos Á NATUREZA, que pedimos respecto, entre nós e PARA ELES, que non podemos nin deixaremos de loitar polos seus dereitos, agradecemos tódolos días a existencia de persoas coma nós, e coas nosas mesmas ideas, porque XUNTOS, PODEMOS.

Comezo da concentración en Pontevedra

Concentración en A Coruña

Chegará o día en que ós nosos esforzos veranse recompensados. Chegará un día en que miraremos ao noso redor, e seremos testigos dun cambio. Aprenderemos dos nosos erros, comezaremos a respectar ao planeta que nos da todo o necesario para sobrevivir, e coma seres humanos, seres racionais, comprenderemos a tódolos demais seres vivos, e TODOS os respectaremos, e deixará de xogarse a ser deuses, a divertirse mediante o mal alleo, a rirse da dor daqueles que non poden defenderse. Aqueles seres vivos que as nosas leis aínda non consideran dignos de apoio, serán apoiados, e serán defendidos, e protexidos. E só entón será cando podamos estar realmente orgullosos de ser HUMANOS. Será entón cando a verdadeira felicidade embargará as nosas vidas.

Asociación libera en pontevedra, dando o seu discurso

Pero aínda hai moito que facer. Un largo camiño polo que andar. Estas concentracións, estas manifestacións, non son mais que o comezo. O primeiro de moitos pasos. ÚNETE cara o CAMBIO. Cara a verdadeira EVOLUCIÓN. Sénteste orgulloso dos teus fillos cando se protexen coma irmáns? Cando comparten un libro, un lapis...? Cando defenden aos seus amigos, cando aprenden dos seus erros...? Síntete orgulloso deles cando atopen un can pola rúa e queiran salvarlle a vida, porque non hai nada máis nobre ca iso. OFRECER AXUDA e facelo honestamente, é un dos valores máis importantes do ser humano. Significa AMOR, RESPECTO, SOLIDARIEDADE. E sobretodo, EMPATÍA.

Non pases de largo. Non peches os ollos. Non negues a realidade. Cando algo se fai mal, debe ter un castigo. Cando algo se fai ben, debe ter unha recompensa. Non deixes que alguén capaz de traizoar ata á morte ó mais incondicional dos amigos, quede libre tan só pagando unha pequena cantidade de diñeiro. ENDURECER AS LEIS CONTRA O MALTRATO ANIMAL, é algo do que non se pode prescindir. Porque alguén capaz de maltratar a un animal indefenso, é un ser incivilizado, salvaxe, e que polo tanto non pode vivir en sociedade. Este só é un pequeno exemplo do que a UNIÓN entre as persoas pode chegar a facer. Sen elas, sen vós, nunca sería posible ver imaxes, tan adorables coma o do noso gran protagonista:

Oso, San Bernardo.

El é o gran exemplo de que animais e persoas poden convivir en sociedade de forma PACÍFICA e sen ningunha clase de problema. Había moitos animais nas concentracións, e non houbo ningunha pelexa entre eles, ¿por que? Temos tanto que aprender...

No hay comentarios: