boas novas
lumbo en acollida dende hai 2 meses aproximadamente, crespo en acollida hai 2 semanas, dedal en acollida hai 1 semana, unha persoa preguntou por podenquiña no facebook, e este sábado subiron ó refuxio preguntando por ela, -o que non sei é se foron as mesmas persoas.material da campaña
continuamos entregando material da campaña nos centros escolares do patronato. BRIÓN 2 centros, AMES 9 centros, TEO faltan 2 de 6, BOQUEIXÓN E VEDRA faltan 3 de 5, SANTIAGO faltan 10 de 23
total 45 centros escolares
ademais nos TILOS de TEO entregamos material na asociación sociocultural e xuveníl.
en FORTE de boqueixón, entregamos tamén no concello, polideportivo, centro médico, e algúns locais sociais.
en xeral entregouse material en bibliotecas, polideportivos, centros médicos, locais sociais, piscinas, algunhas facultades
no concello de ames haimaterial na concellaría de medioambiente
en veterinarias
etc etc etc
EN BREVE CHARLAS!!!!
o material consta de dípticos informativos, pegatinas, carteis, minipegatinas no día da adopción e actividades.
tamén está postos carteis nas marquesinas e nos buses.
etc
algo que salientar!!!! aumentaron as adopcións, as casas de acollida, xente interesada en colaborar, o número de voluntari@s.
GRACIÑAS a tod@s por facer isto posible.
CAMPAÑA do refuxio de bando
páxina do refuxio de bandohttp://www.refuxio.org/actividades.htm
entrada anterios de ollo
http://perrosadopcion.blogspot.com/2011/01/campana-de-adopcion-do-refuxio-de-bando.html
A Fundación Refuxio de Animais, sita en Zarramacedo, Bando, no Concello de Santiago de Compostela é unha entidade sen ánimo de lucro presidida polo alcalde do concello de Santiago de Compostela e financiada polos concellos que conforman o Padroado: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Vedra. Funciona como Centro de Acollida Municipal para estes concellos.
PARA DESCARGAR A PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA:
http://www.refuxio.org/actividades/campana_refuxio_2011.pdf
Obxectivos da campaña
- Sensibilizar á cidadanía sobre a problemática real que representa o incremento de animais abandonados nesta zona, e polo tanto reforzar a idea do NON abandono.
- Concienciar da axuda que esta cidadanía pode prestar para dar solución a este problema a través da adopción de animais.
- Fomentar o cambio de actitude con respecto á compra de animais, intentando que se valore como unha acción máis positiva a adopción.
- Reforzar o uso e a implantación do microchip identificador.
Mensaxes da campaña
As mensaxes da campaña están baseadas nos obxectivos da mesma:
- Aforro de cartos! Están a evitar a compra do animal.
- Os animais adoptados son moito máis agradecidos. Nunca olvidan!!!
- Entrega do animal en condicións óptimas: microchip, vacinación,esterilización! Ademáis, a un prezo inferior que se o fixera o propietario de forma externa ao Refuxio.
- A mensaxe que transmite a adopción axuda aos pais a educar aos nenos na responsabilidade e nos valores.
- O gran sufrimento que comporta o abandono, ademáis das sancións coas que está castigado.
A comunicación da campaña configúrase do seguinte modo:
- Campaña informativa da problemática actual: Adopción; Abandono; Tenencia responsable; Outros temas
- Campaña de concienciación e sensibilización para promover a adopción animal.
- Campaña de implantación do microchip identificador
A campaña compleméntase cunha serie de accións de carácter formativo e informativo:
- Tour guiado polo refuxio para os medios xeralistas. Posibilidade de que coñezan de primeira man as instalacións do centro.
- Charlas nas escolas/institutos.
- Charlas nos centros de día para maiores.
- Difusión folleto informativo.
- Difusión pegatina co logotipo da campaña.
- Creación dun día específico da Adopción Animal
PARA DESCARGAR A PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA:
http://www.refuxio.org/actividades/campana_refuxio_2011.pdf
http://perrosadopcion.blogspot.com/2011/01/campana-de-adopcion-do-refuxio-de-bando.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario