domingo, 6 de marzo de 2011

"Nova" do refuxio de bando - atopada no lugar de a pontenova



Ola Vir:

Esta cadela apareceu pola zona de Pontemaceira, no lugar de A Ponte NOVA, Ames.

Os datos da cadela:

Atopada no Lugar de A Ponte Nova, Agrón, Ames a finais de febreiro do 2011. Cadela nova de aspecto san, cariñosa e sociable con xente e outros cans; duns 10 meses de idade. Cores marróns e negro; ollos castaños, tamaño medio.
Ingresou no REFUXIO DE BANDO (Teléfonos: 981 575957 // 646 492835 Mail: refuxio@refuxio.org) en Santiago de Compostela co nome de NOVA o 03-03-2011
, estará dispoñible para adopción a partires do 23-03-2011, mentres tanto búscase aos seus donos.



Vídeo de Nova paseando por Bando:

http://www.youtube.com/watch?v=qGjNyVeMr0A

Tamén envío cartaz buscando aos donos.

Bicos.

3 comentarios:

vir dijo...

COPIO: "Creo que é unha cadela moi lista, é boiniña e cariñosa. Vese que lle gusta a xente e os outros cans. Non se botou ao meu gato cando estivo na casa. Non ten mal aspecto, parece ben coidada. Estou segura de que enseguida andará ben pola correa e aprenderá as ordes básicas."

Eva dijo...

Por qué la gente no le pone los microchips a los perros, que cuestan muy poco :(

vir dijo...

algunhas veces non o saben, outras veces fan que non saben. parececoma se preguntar que un can ten chip fose algo incrible, nós temos DNI, pois outro tanto cos chips.

é moito máis fácil desfacerse dun can sen chip que con chip, que aínda así se desentenden deles ou lle arrancan o chip.

hai moi pouco control en canto a chip, a cría, a venta sen ter unhas licencias é delito, etc... se fose só o chip.

"o problema non está no can, está nos donos e nas súas irresponsabilidades"

andamos lento, si, pero andamos, e espero que algún día poidamos dicir que non hai abandono nin maltrato (iso non vai ser posible) pero si que pode ser posible que cando alguén maltrate, abandone etc etc lle caia unha GRAN multa que os deixe abaneando, ou mesmo o cárcere. eu sigo esperando.