calle en un pueblo de Cuenca...tiene siete cachorros,hoy ha empezado a
nevar otra vez,si la meto en Cuencanimal ,que no tengo sitio,se me
pueden morir los cachorros de parvo...
telefono 685905777(Mercedes)
ES URGENTE
Ágata é unha preciosa e cariñosísima gatiña que chegou hai un meses ao refuxio. Ten unha anomalía nas patiñas de diante, e ten un só dedo en cada pata. Por ese motivo non a xuntamos co resto dos gatiños, pois tememos que ante calquer trifulca gatuna non se poida defender. A pobre está soa nunha gaiola todo o tempo, precisa con urxencia un fogar onde poida ronronear todo o que queira con xente que a trate ben.
POR FAVOR, UNA AYUDA URGENTE, MUY MUY URGENTE, ESTE POBRE PERRO NO PUEDE AGUANTAR NI UN DIA MÁS ASÍ.ESTA EN CARAVACA DE LA CRUZ EN MURCIA. LA PERSONA DE CONTACTO: conchi373@gmail.com
SI PUEDES HACERLE UN HUECO PONTE EN CONTACTO ENSEGUIDA Y SI NO DIFUNDE TODO LO POSIBLE, POR FAVOR, ESTO ES HORRIBLE.
Setter Macho,unos 4 años,tiene un disparo en el cuello.
Es super noble y muy bueno,sin problemas con otros perros y muy agradecido con las personas.
En la perrera de Albacete no cuentan con veterinario,la comida está en tolvas que se atascan y el señor que baja allí,vamos el responsable de aquello contratado por el ayuntamiento ni siquiera baja todos los dias a ver a los perros..
Necesita ayuda.
Por supuesto ni que decir tiene que como no haya adopción para él será sacrificado y allí siguen sacrificando a los perros por asfixia.
Coma can e gato...ou foi un dito que non reflexaba a realidade,ou moito cambiaron os
tempos,ji,ji,ji, xa lles gustaría levarse así a algúns
Milu, esta é a miña cadela, está un pelín celosa, pasouno ben mal ó primeiro, pero pouco a pouco... pa que digan que os cans son animais!!!, sofren igualiño que nós
Perdeuse este can, tamaño mediano. Chámase Domi. É moi vello e moi pacífico.
Estará moi asustado.
É negro e de patas blancas, pelo largo. Ten o morro alargado e máis claro. Ten as orellas agachadas, non pode levantalas.
Se sabes algo del, por favor, chama a algún destes números:
676912819
981884673
Pregunta por Pilar
Rematou a miña etapa de voluntaria no Refuxio de animais de Bando.
Todo comezou fai máis de tres anos. Unha gatiña da rúa enferma, unha tarde de chuvia, un longo percorrido ata un sitio que acababa de abrir as portas...
Houbo tarde nubradas: as carrachas, as pulgas, ... tardes de chuvia: os famentos, os lesionados, ... tardes de temporal: os disparados, aquél que inaugurou o ano coa súa morte a machetazos, os tirados o contedor, completamente desnutridos, por considerar que xa estaban mortos, os atropelados coa súa insoportable dor reflectida nos ollos...
Tamén houbo tardes de tímido sol: a constatación do aumento da incipiente concienciación, as adopcións, aquela tarde en que unha “pija” dixo que se quería levar a dous cans, e aclarou: “dous que non teñan posibilidades de adopción”, compartir tardes con xentes que preferían pasar alí horas, despois do seu traballo.
Nunca houbo tardes de brillante sol. E imposible en medio de tanta historia triste, de tantos dramáticos abandonos.
Nunca poderei esquecer a Madona, nin a Medos, nin a Pepiño, nin a Pintitos, nin a Podenquita, nin a Suni, nin a Peregrina, .... a lista sería interminable. A súa alegría, os seus lametazos, ¡Eso sí que é o máis desinteresados dos amores!.
Para min fue un autentico privilexio coñecer a Ana, Andrés, Araceli, Carlos, Eva, Fernando, Isabel, Jorge, Juan, Lorena, Marina, Marta, Marta, Olalla, Paloma, Susana, Xosé... esquecerei algún nome, nunca, aínda que vivise mil años, me esquecerei de vos.
Onte deixei unha nota a Paloma no ordenador para despedirme, abracei por última vez a Madona, Podenquita, Pintos e Lumbo, en representación de todos. Recompúxenme e pedinlle a Eva que viñese cerrar a porta. Non me despedín dela. Non me despedín de ninguén, non podería manter o tipo. Eva cerrou a porta, eu subín ao coche e botei a chorar. aínda sigo. Deixo atrás a miña etapa de voluntaria no Refuxio de Animais de Bando. Unha das mellores etapas da miña vida. ¡Recibín tanto! ¡perdo tanto!
Por favor, xa que fun unha covarde e non o fixen debidamente, aceptádeme esta carta coma despedida. e permitídeme que repita unha frase dunha peli: “O mundo é máis interesante porque estades vos dentro del”. MOITISIMOS BICOS A TODOS.
Esther
Arianne e Suzanne chegaron ao refuxio procedentes de Holanda tras unha pausa duns días en Asturias axudando a “Proyecto Darko” Estiveron dez días en Santiago con nós, o suficiente para decatarnos da súa xenerosidade e compromiso. Traballaron todos os días axudando no quirófano, desparasitando, vacinando, e observando todo coa súa ollada curiosa e intelixente. Nós preguntábamoslles que pensaban dun país como o noso mentres examinaban un recén chegado can, cego, que se deixaba explorar sen queixarse, e atopaban perdigóns aloxados nos seus ollos que xamais volverán ver, ou mentres desparasitaban unha cadeliña aterrada, chea de pulgas e carrachos, ou mentres escoitaban as nosas historias para non durmir de tantos e tantos casos de maltrato que nos chegan mensualmente. Elas, prudentes e cautas, só escoitaban e sacaban fotos, seguramente para contar aos seus colegas veterinarios holandeses que hai un lugar chamado Galiza onde os seres humanos enterran e afogan as crías das súas cadelas e gatas cando nacen, onde os cans e gatos son tratados como obxectos sen dereitos, e abandonados cando xa non fan gracia ou aburren, onde os nenos se divirten disparando con escopetas de balotes, privando a moitos seres da súa vida ou deixándoos mutilados para sempre, e onde moitos cans viven encadeados cumplindo cadea perpetua até a súa morte.
Pero non todo foi negativo, tamén viron que hai persoas que queremos cambiar esta realidade, e que queremos que estas situacións saian á luz para a vergoña da nosa sociedade.
Arianne e Suzanne foron as primeiras en chegar. Futuros cooperantes holandeses e holandesas virán no futuro ao Refuxio, onde por suposto serán recibidos coas portas abertas.
Susana
Todas e todos coñecíamos a Amico, o seu gruñido caracterísitico cando facíamos algo que non lle gustaba, a súa olllada intensa cando escoitaba o son da caixa das lambetadas, e as ganas de mimos como todas e todos os demais compañeiros. Ultimamente Amico non se atopaba ben, perdera moito peso, non quería xogar, non tiña fame... Unha analítica non fixo máis que confirmar o que xa sospeitábamos. Era cuestión de días...
Hoxe, ao entrar no refuxio, Amico xa non estaba, e a súa ausencia enchía todo o recinto.
Por moito que todas e todos nós o saibamos, sigue sendo tremendamente duro comprobar a imposibilidade de salvalos a todos, e admitir que non atoparemos o cariño e a tranquilidade dun fogar estábel para cada un e unha dos que cada día chegan ás nosas portas é algo difícil de dixerir .
Amico chegou ao refuxio o 23 de febreiro do ano 2006, e onte, 2 de setembro de 2008 deixounos para sempre sen que poidésemos atoparlle un fogar. Por iso hoxe é difícil ser optimista.