viernes, 7 de diciembre de 2012

Toxi, leva máis de dous anos en Bando

Toxi é unha gatiña adulta á que lle gusta moito a compañía humana pero que non se deixa coller, por iso ninguén se decidiu a adoptala durante os dous anos que leva xa no Refuxio. Non é nada agresiva e pouco a pouco vaise deixando acariñar, polo que precisa un adoptante que xa teña experiencia con gatos, alguén que saiba gañarse a súa confianza. Convive perfectamente co resto de compañeiros felinos.
Está bastante acatarrada así que lle viría moi ben atopar un fogar no que recuperarse canto antes.
Atópase no Refuxio de Bando (Santiago de Compostela), e entrégase con contrato de adopción, vacinada, desparasitada e esterilizada. 









 Contacto: voluntariado.bando@gmail.com

Máis fotos e información sobre Toxi no seguinte enlace:  https://www.facebook.com/pages/Felinos-do-Refuxio-de-Bando/210803539049574


Olalla


No hay comentarios: