
Albertito é un de tantos gatiños que están medrando no refuxio. A principios de xuño atopárono na rúa xunto á súa irmá Paola e dende entón ambos seguen agardando que alguén se fixe neles. É bastante tímido e mantén as distancias coa xente, pero tamén lle gusta recibir mimos de vez en cando. Nun fogar logo perdería a súa timidez, simplemente necesita que alguén queira darlle unha oportunidade.
Atópase no Refuxio de Bando (Santiago de Compostela), e entrégase con contrato de adopción, vacinado, desparasitado e esterilizado.
Máis información no seguinte enlace do facebook: https://www.facebook.com/pages/Felinos-do-Refuxio-de-Bando/210803539049574
Contacto: voluntariado.bando@gmail.c
Olalla
No hay comentarios:
Publicar un comentario