viernes, 26 de septiembre de 2008

¡DEREITOS ANIMAIS XA!

A asociación pola protección animal Abeiro ven de reunirse co valedor
do pobo nun intento de cancelar a celebración dunha novillada no
concello de Negreira o 21 deste mes. A nosa protesta, máis alá do acto
inmoral e infame que supón que seres humanos se divirten mentres seres
hervíboros indefensos son torturados, xustificábase na conducta
infractora do concello de Negreira, pois incumple a lei 1/1993 de
protección animal, posto que non ten recollida de animais abandonados,
nin convenio con ningunha entidade de protección animal ou coa
consellaría de medio ambiente, que son as tres opcións que se
contemplan na lexislación. En Abeiro sabemos ben onde rematan os cans
e gatos dese concello, hai moi pouco tempo tivemos que buscar un fogar
para Zar, posto que en Negreira non dan ningunha solución aos veciños
e veciñas. Zar logrou un fogar feliz, outras moitas e moitos non teñen
esa sorte, e teñen que malvivir até que rematan mortos nas estradas,
montes ou lugares piores, pois o concello de Negreira non ten diñeiro
para cumplir a lei, pero sí para subvencionar espectáculos onde se
torturan animais.
A novillada tiña os permisos pertinentes e tivo lugar o pasado
domingo. Nós asistimos para protestar, xunto con outras asociacións
animalistas e ecoloxistas.
O alcalde pasará á historia como o primeiro alcalde da democracia en
Negreira que instaura o espectáculo taurino na súa localidade.

Susana



1 comentario:

Aníbal e Mª Xesús dijo...

Non estivemos na manifestación porqué nos enteramos tarde, pero quedamos aterrados vendo como este pais vai para atrás en vez de evolucionar. É un deses días en que sintes vergoña de vivir en España. Simplemente decepcionante e lamentable.