martes, 14 de septiembre de 2010

Voluntarios e voluntarias do refuxio de Bando, baixarán con varios cans ata a Praza Cervantes(Santiago) CINZA E DULLA adoptadas!!!!

Os dous últimos sábados deste mes de setembro, sábado 18 e sábado 25, varios/as voluntarias do refuxio de Bando (Santiago) van achegarse á Praza Cervantes con varios cans do refuxio. Trátase de informar sobre o refuxio, que o coñezan, que saiban que se pode adoptar ou apadriñar, etc, etc.


E ti? tes un ratiño para achegarte a Cervantes? Se te queres achegar a ve-los cans, a preguntar calquera dúbida, a colaborar, a coñecer un pouquiño máis de preto o refuxio, tes unha boa oportunidade.



O sábado pasado, día 11 setembro baixaron á Praza Roxa con 3 cadeliñas: cinza(adoptada), dulla(adoptada) e lúa.

O 12 de xuño fixeron o camiño con varios cans e cadelas, dende o refuxio de Bando ata Cervantes.


Mesmo quedaron con xente para face-lo camiño que tiñan algún can adoptado/a



http://www.refuxio.org/


refuxio@refuxio.org

1 comentario:

vir dijo...

CINZA adoptada en novembro 2010, DULLA recén adoptada, xaneiro 2011.