Baixaron cos cans DEDAL e FÉNIX, cadelas CARPI e ZOA, e 3 gatos, unha delas GUSSI.
Nas fotos, Fénix (ADOPTADO OUTUBRO 2010), logo Dedal e Carpi (ADOPTADO), na última Zoa


Cun posto onde podes mercar cousiñas para a túa mascota, correas e colares, xoguetes, tamén camisetas, postales, axendas, etc, etc. asímesmo varios arquivadores cos cans e gatos do refuxio onde podes consultar o seu nome, cunha foto, por se che gusta algún, petos por se queres deixar un pequeno donativo, petos colgados nos cans, que van de vagar cos voluntarios e voluntarias pola praza. Tamén podes resolver as túas dúbidas, sobre adopción, apadriñamentos, sobre voluntariado. E mesmo podes ADOPTAR ou APADRIÑAR no momento, ou pasar despois polo refuxio.
Nas últimas saídas do refuxio a Santiago, adoptáronse Amazonas(Xisca), Canguro, Manolita e Viliña. En total 9 cans adoptados, e varios apadriñamentos. e TAMÉN GATOS E GATAS.E CARPI ADOPTADO!!! FÉNIX ADOPTADO!!!!Lembrádevos que o seguinte sábado 25 van estar no mesmo sitio, praza Cervantes, pola tardiña.Máis información no refuxio de Bando, datos á esquerda desta web.
2 comentarios:
CARPI - adoptado!!!
CARPI (DO GRUPO AGILITY) fora adoptado hai pouco, e hoxe, entereime que un dos grandes protagonistas das saídas, FÉNIX, tamén adoptado.
festa, festa, festa
Publicar un comentario