lunes, 27 de septiembre de 2010

ADICADO A ELES: VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS… e ti, queres selo??

METÁFORAS. O CARIÑO CONVERTIDO EN POESÍA



Dan o seu tempo, de balde, sen esperar nada a cambio (Reciben as miradas dos animais dos refuxios. Unha mirada inmensa que atravesa máis aló do corazón)

Dan o seu cariño, son persoas cun corazón extremadamente sensible, extremadamente grande, e extremadamente forte á vez. Para axudar a un can, gato, cadela, gata... ver máis aló da súa pelaxe, ver as magulladuras, ver a dor na súa propia pel, mirarlles ós ollos, ver como meten o seu rabo entre as pernas, como tremen, e aínda así non fraquear e axudar a ese animaluco, hai que ser moi, moi forte. Estar día sí, e día tamén axudando só por verlles dar ó rabo, por ver na súa mirada algo que se pode identificar con felicidade, só por adiviñar nos seus ollos un brilo de alegría.

Para ser voluntario/a é necesario ter tempo, sí, e imprescindible ter un corazón “grande”. E ese corazón, que de por sí é bo, vai sufrir unha serie de emocións, de cambios internos que poida que despois de ser voluntario/a chegues a pensar que non es o mesmo/a. O sangue bombea máis lixeiro, máis rápido, e o corpo se che enche de algo moi parecido á felicidade, que ben sabemos que existe, pero non chegamos a saber que cor ten. Pois, ten a cor dos ollos do can que acariñas, a cor do cariño, a cor de recoller un gato medio morto na rúa, a cor de dar en adopción unha cadela que xa case pensaba que nunca ía ter un fogar, a cor de querer á túa mascota... todas estas cores son palpables, pero “nunca nunca” saberás a cor exacta ata que estás alí... nese momento, veralo ben claro.

E, como vai ter cor unha caricia?? Unha adopción?? Pois teno. Se ti non o ves, é que che falta algo. Queres ser voluntario/a.

Queres ser voluntario/a do refuxio de Bando?? Sabes onde é?? Tes un corazón que cumple eses requisitos?? Pois a que esperas??



http://www.refuxio.org/ refuxio@refuxio.org

5 comentarios:

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Gustaríame moito ser voluntaria, dende fai tempo que o desexo, pero non conto con transporte propio e non sei moi ben cómo vai o tema. Teño unha cadeliña preciosa adoptada de alí, así que xa coñezo a refuxio, e sei que está bastante lonxe de donde eu vivo. Son de Santiago de Compostela, mais concretamente do Castiñeiriño. ¿Podédesme dar algunha idea? ¿Todos os voluntarios teñen coche propio, ou hay autobuses que vaian para alí?
En todo caso, moitísimas gracias por todo o que facedes. Merecedes o mellor!!

vir dijo...

ola estela!! eu son virginia, vir, e este ano penso subir 1 ou 2 veces á semana, sobre 2 horas, máis ou menos. as voluntarias, se poden compartir coche o fan. no meu caso eu son de milladoiro, e podería recollerche. despois cando te afagas, e coñezas + voluntarios/as, podes ver como organizarte. dos buses nin idea.

soe irse pola tarde de luns a domingo, tes que ver cal queres ti. eu soio subir cando está lorena. pero hai +, e o que hai que facer soe ser o mesmo. hai unha encargada/o que di os caniles que saen e se hai que pasear algún atado por se se escapa, etc etc

o que sí, antes de facerte tes que subir ó refuxio unha mañá, e falar con ana ou paloma, eu daquela foi como fixen.

agora ben, o que sí leva roupa cómoda e vella, alí tes un vestiario, baño, auga, mesmo ducha.

para subir ese día pola mañá podería levarche eu ata alí pero ten que ser sábado ou domíngo, pola semana traballo.

espero sigas coas túas ganas de ser voluntaria, que eu, e penso que todos/as che van axudar, resolver as túas dúbidas, etc

calquera cousa deixa aquí o comentario que xa os miro eu e se fixese falta che daría o tfno, ou o correo

graciñas por estar aí, e espero que esta experiencia che guste.

Unknown dijo...

Virginia, muchísimas gracias por la información! Sí, lo de llevar ropa vieja ya sabía :) pero por eso no hay ningún problema. Me puedes decir tu dirección de correo electrónico para ponerme en contacto en cuanto me decida? Creo que alguien puede llevarme una mañana allí para hablar con esas personas, pero para subir por las tardes te agradecería muchísimo que me llevaras. Mi email es estelasolar@gmail.com. Muchas gracias por haber respondido tan rápido!!

vir dijo...

xa che escribo agora

un biquiño. vir.