miércoles, 1 de septiembre de 2010

CAPÍTULO II: unha nova compañeira (un novo abandono)


HISTORIAS DOS CANS DO REFUXIO: O CAN MEDOS - PENSAMENTOS DUN CAN. SENTIMENTOS.

ESTES PENSAMENTOS SON DO CAN "MEDOS" QUE SEGUE NO REFUXIO AGARDANDO QUE ALGUÉN SE DECATE DE QUE ESTÁ ALÍ.


Escuro. Moi escuro. Estou quedo, escoito, e oio respirar. De cando en vez un can laiando. Medo. Pesadelos. Volvo a quedar medio durmido. De súpeto esperto coa luz do sol, e xa vexo ós meus compañeiros e xa me traen a comida.

Saímos dar un paseo, e con tanto cariño ás veces se me esquece o que pasei antes de chegar aquí. Cómo poden quererme e nun intre estar só. Esperei moito alí sentado, por se volveran, pero non volveron. Pasei moita fame. E frío.

Despois deste vagar de pensamentos, decátome que temos unha nova compañeira. Vén moi delgada, cun pelo negro coma o meu, brilante, pero moi pegado ó corpo. O meu estómago doime, e o corazón se me aperta. A saber cantos días leva por aí perdida, sen rumbo, quen a recollería… xa me enterarei, pero agora, voulle votar un pouco de forza e voulle dar ánimos, aínda que por dentro estou destrozadiño.

Espero teña sorte e se fixen nela. E a queira alguén.

A ver se teño eu sorte e se fixan en min. Levo aquí moito tempo. Sen máis.

Asinado co fociño: Medos.


por Vir e os alumnos e alumnas do ies de Ames


http://www.refuxio.org/ refuxio@refuxio.org 981575957 646492835

No hay comentarios: