miércoles, 1 de septiembre de 2010

As orellas de Forellas


Forellas, só hai que velo. Cando salta as súas orellas planean. Mesmo parece que vai saír voando.

Unha mañá, no refuxio, comezou a chover, correu e correu para meterse debaixo dunha planta... pero, as súas orellas estaban espertas xa facía horas, co cal, tiñan moitas gañas de moverse, o que fixo que forellas saíra despegado, e saltase o muro do refuxio!!!

E xa postos, foi dar unha volta. pasou por enriba de campos, casas e árbores, regatos, e por enriba da autoestrada.

Fitou ó lonxe unha morea ENOOOOORME de casas, (Santiago), e foi cara aló. Vaia!!!! que de cousas!!!

Nese intre comezou a perder altura por momentos, rápido! para casa!! mais nunha destas caeu máis da conta, auuuuuuuuuu!!!!

E CAEU.

Pero de onde caeu foi dende un alto do refuxio, no que se metera cando empezou a chover, e como non paraba, quedou a durmir. Todo fora un soño!!!

(Non fora un soño, pois ó pouco chamaron varias persoas ó refuxio, de distintos lugares, que viran pasar un can con grandes orellas)

ESTE FORELLAS!!!!!

Este forellas está agardando que vaian por el. Agora ben, en calquera momento pode saír voando.


Por Vir e os alumnos e alumnas do IES de Ames.


refuxio@refuxio.org www.refuxio.org

asociaciónabeiro@gmail.com



No hay comentarios: