Asociación Abeiro Roxanne e Nanuk levan máis de cinco anos con nós. Necesitan un fogar con urxencia, cando un animal leva tanto tempo nun refuxio empeza a deprimirse. Oxalá os adoptaran xuntiños, porque non poden estar un sen o outro. Hai unha semana houbo que separalos porque morderon a Roxanne e houbo que trasladala á zona de hospitalización. Ela non quere ir a pasear, pégase ao canil de Nanuk e queda alí sentadiña, sen xogar nin correr. Nanuk a bota moito de menos, tanto que está comendo moi mal. Por favor, se ti non podes leválos á túa casa, intenta entre todos os teus amig@s atoparlles un fogar.
asociacionabeiro@gmail.com
refuxio@refuxio.org http://www.refuxio.org/
no blog de abeiro http://asociacionabeiro.blogspot.com/2010/09/nanuk-e-roxanne-necesitante.html?spref=fb
no blog de adopcións galicia www.adopcionesgalicia.wordpress.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
seguen no refuxio
están de novo no mesmo canil, xuntiños, pero necesitan adopción.
Publicar un comentario