martes, 7 de septiembre de 2010

HISTORIAS DOS CANS DO REFUXIO: O CAN "NÉBOA"


No máis remoto pobo, do máis remoto lugar…



...habitaban lobos, xabaríns, raposos, e algunha que outra especie sen descubrir. Entre todos estes seres destacaba NÉBOA.


Néboa é un can famento, desantendido, leva tempo sen recibir cariño. E xa hai que vaga polo monte. Néboa sempre recordaba as malleiras cando se achegaba ao pobo. Alí de cando en vez ollaba a casa na que vivira cos seus antigos donos, e observaba con qué cariño coidaban e mimaban ao seu novo gatiño.


Hoxe era a derradeira vez que se ía achegar ao pobo para buscar algo que levar á boca. Néboa levaba case un mes sen comer apenas unhas migallas de pan. Xa non tiña forzas, e xa desistira volver baixar, porque ás veces en vez de darlle comida, levaba unhas pedradas, e xa estaba canso. Nese intre, enchéronselle os ollos de bágoas: OS DA BRIGADA!!!.


"Os da Brigada" (oira falar moito deles) virón a néboa, e con moito coidado para non asustala, collérona e metérona na camioneta, e no centro de acollida déronlle auga, comida, e déronlle o cariño que que xa hai que non tiña. Aquela camioneta salvaríalle a vida.



Pero Néboa, se merece un fogar.


NÉBOA, ESTÁ ESPERANDO NO REFUXIO DE BANDO QUE SE FIXEN NEL. XA LEVA MOITO, MOITO, MOITO TEMPO. O que para ti é moito, para néboa é moito máis.



Por: Marta M, Andrea B e Joselu da clase de 3º eso C do IES de Ames