martes, 7 de septiembre de 2010

HISTORIAS DOS CANS DO REFUXIO. GREIBEN: o último mosqueperro?????

Greiben é un dos mosqueperros que quedan, mellor dito, é un dos seus descendentes.


DE FRONTE!!!!!!


Con espada non anda, “xa non se leva”. Pero co pau… dálle moi ben ó taichi, ás carreiras de relevos, lanzamento de pau, salto de altura…


Coa pelota non ten rivais, en fútbol sen balón e pilates canino, é un hacha.


Tamén ten arte nas excavacións, no transporte de pedras, chapas e paus(e zapatos, calcetíns, etc etc etc).


Nas mexadas a longo alcance… un deporte de risco, pois cando mexa na roda da dona, ten que saír pitando, para coller velocidade e gañarlle ó pau que lle lanza ela. Nunca soubo se era para darlle a el ou para que entrenase.


E agora está entrenando para o cannicross. Si, xa o di a palabra, un can que vai facendo cross!!! Non!!!!!!! O canicros é… (buscar en google)


Despois de todos estes avances, o último é participar en agíliti. É moi deportista, e decantouse por isto, pois rexeita a violencia. De aí o cambio das espadas polo deporte.
É moi moderno.

DE LADO!!!!
A verdade é que ten un bo tipo!!!!


Por Antía, Sandra e Jacobo do IES de Ames




2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ogallá pronto atope un fogar! por guapo non será!

vir dijo...

ola anónimo/a

estas historias fixémolas durante este curso 2009 2010 no ies de Ames. cando as fixemos greiben, néboa, medos, podi, forellas, etc, non estaban adoptados. agora, recén publicadas sei que néboa, e medos, non se adoptaron. o resto, mandei un correo ó refuxio para que me dixeran...

pero, claro, as historias non quería que quedasen sen publicar, pois é unha creación, un traballo, unha implicación, un certo protagonismo e concienciación dos rapaces e rapazas cos que traballei.

en canto saiba cal é a situación destes cans, xa porei nas historias se están adoptados, e mesmo se están apadriñados.

un biquiño. vir.