
Cóntovos: na ruta por ames que fixemos en maio, cos alumnos de 1º eso, todo xenial, incluso teño unhas fotos!!... pero iso non é o que quería contar. en resumo, atopamos unha cadela, que resulta estaba abandonada, (que novedá), e veu con nós 5 km, medio no colo, medio andando... eu non podía quedar con ela, e os rapaces menos (por eles sí, pero non van aparecer así cun can na casa!!!), co cal, a nosa sorte foi que ó chegar á aldea nova nos atopamos cun municipal, que coñecía ó profe, recolléunola, chamou a medioambiente de ames, e ese mesmo día xa estaba no refuxio de bando... xenial!!! días despois, os alumnos da miña titoría, decidiron apadriñala, correo ó refuxio, falar con mediambiente de ames..., apadriñámola!!! e, cal foi a nosa sorpresa!!!, cando nos mandan a foto... PROFE, ESA NON É (xa a min me parecía), volta a mandar correos, chamar ó medioambiente, ós munipas, e correo ó refuxio... e agora ó chegar a casa, un correo: xa está, se confundiron de cadela!!! eran do mesmo día, recollidas pola mesma zona, e negras. pero xa está!!! xa temos apadriñada a RIGA, e vos mando un arquivo coa súa foto. vaia, unha historia con final feliz
Biquiños. Vir
E Riga ante a preocupación dos rapaces contestoulles...
Ola nenos e nenas, Creo que son eu a cadela que queríades apadriñar... Houbo un pequeno erro coa miña compañeira de Ames, Malta. A min puxéronme de nome Riga. Como vedes, estou moi ben, pero con ganas de ter unha casa onde me queiran moito.
Gracias por pensar en min e un saúdo desde o refuxio
Lambetadas. Machupichu