lunes, 30 de enero de 2012

Nova, en adopción no Refuxio de Bando




Nova é unha femia de apenas un ano de idade, atopada na linde entre Ames e Negreira en Febreiro do 2011.

É unha cadela moi lista, alegre e agarimosa. Tamén é sociable, lévase ben con outros cans femias e machos; en principio non vai detrás dos gatos, polo que é moi probable que tamén se leve ben con eles. É unha cadela estupenda.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ola nova, a ver se tes sorte, que te mereces todo...