álbum de fotos de apadriñamentos de Estela
refuxio de animais de Bando
neste último enlace tedes unhas casiñas para cubrir...Existen dúas modalidades de apadriñamento: padriño patrocinador , costeará parte dos gastos dun animal do Refuxio ata que atope un fogar. Un só animal será apadriñado por 3 persoas. Cada persoa aportará 50,00 € anuais. padriño acolledor, pode aportar un bo fogar e coidados do animal. Os gastos de vacinacións e desparasitacións anuais correrán por conta da Fundación, a través das aportacions dos padriños patrocinadores. Encargaranse dos animais que teñen poucas posibilidades de ser adoptados, máis merecen ter unha oportunidade de ser felices.¿En qué consiste apadriñar? O apadriñamento é unha fórmula pola que toda persoa que quere aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou pola que persoas que poden dar un fogar e coidados aos animais e por ter pocos recursos non poderían ter un animal, poderan acoller aos animais con pocas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos de vacinacións e desparasitacións anuais, sempre baixo supervisión da Fundación. Os padriños poden buscarlle un fogar entre os seus amigos, familiares… ¿Qué recibo a cambio de apadriñar? O padriño patrocinador terá información periódica do animal. Comunicaráselles se atoparon un padriño acolledor ou foi adoptado. Poder ir os fins de semana a pasealo. Sempre hai que cumprir as indicacións do Centro. Dar unha oportunidade a un animal de prorrogar a súa estadía no Centro para poder atopar un adoptante. O padriño acolledor recibe de forma gratuíta, grazas as aportacións do padriño patrocinador, vacinacións e desparasitacións periódicas. ¿Por qué apadriñar? Porque a Fundación Refuxio de Animais necesita achegas económicas para poder manter aos animais no centro máis alá dos límites que estipula a lei. Son moitos os gastos dos coidados dos animais: alimentación, limpeza, vacinacións, desparasitacións, etc. Porque moitas persoas poderían dar un bo fogar, así como coidados e cariño a animais que non teñen case ninguna posibilidade de ser adoptados, deste xeito deixan espazo para outros animais. ¿Quén pode apadriñar? Quen queira aos animais pero non poidan telo en casa, dende nenos ata persoas que se atopen en residencias de anciáns, hospitais, estudantes, etc. Quen ten tempo e espazo pero non moitos ingresos. ¿A quén se pode apadriñar? Aos animais que figuran na páxina web ou nas fichas de apadriñamento no Refuxio. Si este animal ten a sorte de ser adoptado, comunicaráselle ao padriño quen poderá elexir outro apadriñado/a. Formas de pago do apadriñamento O pago pódese facer de varias formas: Domiciliado: é a forma preferente. Necesitaríamos para isto os datos do titular da conta (só no caso de ser diferentes aos do titular do apadriñamentos) e o número de conta completo cos 20 díxitos. O recibo de 50,00€ pasaríase unha vez ao ano, normalmente a metade do ano natural. Transferencia: o padriño/madriña ingresaría directamente na nosa conta a cota anual. Efectivo: ben no centro de forma directa ou ben mediante xiro postal ou outro forma de envío. Esta é a forma principal de facer o pago do primeiro ano do apadriñamento; xunto co pago facilítanse os datos do padriño/madriña e os datos bancarios para os vindeiros anos.gracias!!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario