

Os voluntarios do Refuxio de Bando estarán na Praza de Galicia acompañados dos nosos amigos de catro patas. As persoas que se acheguen ao noso posto informativo poderán mercar camisetas e calendarios do Refuxio, apadriñar un dos nosos residentes ou facerse socios do Refuxio. Ademais contarán coa presenza de cadeliños e felinos residentes nas nosas instalacións que lles farán unha visita, e, quen sabe, quizais xurda unha bonita historia de amizade, como a de Dalma e Lara, adoptadas pola mesma familia, a primeira adoptada nas instalacións do Refuxio e segunda na saída do Minicamiño 2011, e que como se ve xa son inseparables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario