Mostrando entradas con la etiqueta Cans en adopción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cans en adopción. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de diciembre de 2012






Dinguita leva no Refuxio dende o 2006, onde ingresou sendo apenas unha cachorriña xunto cos seus irmáns. A eles fóronos adoptando pero ela non tivo tanta sorte e segue no centro dende entón. É unha cadeliña algo tímida pero moi agarimosa. Simplemente precisa alguén que lle dea unha oportunidade e lle axude a perder ese medo que ten á xente.
Entrégase con contrato de adopción, esterilizada, desparasitada, vacinada e con chip.

Contacto: voluntariado.bando@gmail.com

lunes, 10 de diciembre de 2012

Uli, un dos casos urxentes do Refuxio de Bando




Outro dos avós de Bando, Uli é un canciño con moi bo carácter, tanto con outros cans como coa xente. Encántalle estar coa xente e que lle rasquen a barriga. Leva máis dun ano agardando que alguén se fixe nel pero de momento non tivo sorte. Agora ten infección nun oído e para poder recuperarse estaría moito mellor nunha casa, aínda que sexa de acollida. Ademais, o inverno está sento espcialmente duro para el, pasa o día deitadiño no seu canil, e só se ve feliz cando está con xente.
Atópase no Refuxio de Bando (Santiago de Compostela), e entrégase con contrato de adopción, vacinado, desparasitado, esterilizado e con chip.


Contacto: voluntariado.bando@gmail.com
 
Olalla

martes, 18 de septiembre de 2012

Orellas longas V




Nome: CHIPS
Data de ingreso: 17-08-2011
Sexo: macho
Raza: mestizo caza
Peso: 11 kg
Ano de nacemento: 2007
Pelo: corto
Esterilizado/a: Pendente
Historia: É moi sumiso e boíño, está ben coidado.




Nome: DOLLY
Data de ingreso: 24-08-2010
Sexo: femia
Raza: cruce grifón sabueso
Peso: -
Ano de nacemento: 2009
Pelo: corto
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Atopada en Marrozos, ten un pouco de medo e cústalle coller confianza.




Nome: BLUMA
Data de ingreso: 13-06-2011
Sexo: femia
Raza: mestizo caza
Peso: 13 kg
Ano de nacemento: 2009
Pelo: corto
Esterilizado/a: Pendente
Historia: É unha nai cos seus dous cadelos, é moi boa e está moi gorda.


Nome: 0450-12 PLATINA
Data de ingreso: 23-07-2012
Sexo: femia
Raza: grifón
Peso: 29 kg
Ano de nacemento: 2008
Pelo: longo
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Levan tempo véndoa pola zona.





Nome: 0344-12 GLISO

Data de ingreso: 15-06-2012
 

Sexo: macho

Raza: mestizo teckel

Peso: 14 kg

Ano de nacemento: 2010

Pelo: corto

Historia: Atopado no Multiusos do Sar, é moi simpático e xoguetón.

  



De dereita á esquerda: Erro e Polonio. Ambos necesitan como mínimo casa de acollida. O primeiro leva moito tempo no Refuxio e últimamente tiña uns poblemiñas nos oídos. O segundo, Polonio chegou hai un ano e medio a Bando. Debido a un atropelo, Polonio apenas podía moverse e todo apuntaba a que tiña unha lesión medular. Pero foi unha falsa alarma e pouco a pouco foi recuperando mobilidade. É un can moi alegre, cariñoso, novo e con moita vitalidade, pero pertence a unha desas razas "invisibles" ante os ollos dos adoptantes, é un can de caza. Despois de todo o que sufriu Polonio tamén merece ser feliz.

Nome: 468-06 ERRO

Data de ingreso: 22-07-2006

Sexo: macho

Raza: palleiro

Peso: 12 kg

Ano de nacemento: 2003 – 2004 apróx.

Pelo: medio
CAPA: DOURADO E BRANCO
ESTERILIZADO: SI

Historia: Seguramente saiu de noivas e crendo que estaba perdido trouxérono ao Refuxio. Cando o trouxeron parecía dicir: “isto é un erro, eu teño dono, deixádeme ir a casa”.






Nome: GRIFINDORF
Data de ingreso: 28-07-2011
Sexo: macho
Raza: grifón
Peso: 14 kg
Ano de nacemento: 2010
Pelo: medio
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Chega con colar, moi bo e é moi cariñoso.