martes, 31 de mayo de 2011
Hugo
O outro día un amigo meu atopou un can abandonado (con carrachas etc), acolleuno na súa casa, desparasitouno e agora busca un fogar para el porque eles son medio nómadas... Chamoulle Hugo e debe de ter entre un e dous anos.
Cando o vin namorei del: ten un bo rollo que non vos imaxinades! Pero o caso é que eu tamén ando a currarme o meu nomadismo e mesmo buscando "hoteliño" para Kea durante case un ano. Pero eu estaría disposto a ocuparme dos dous cando voltara. Así que se alguén quixera acoller a Hugo un ano ou ano e medio, creo que (caso de que non rematara tamén namorado del e quixera ficar ao seu carón) podería eu facerme cargo despois. Por suposto que se alguén sinte tamén o flechazo que eu sentín e quere acollelo definitivamente: to padiante! Todos felices! O caso é darlle un teito, comidiña e un pouco de agarimo.
A min gustaríame seguirlle o paradeiro a esa alma irmá...
Bicos e lambetadas pra todas!
contacto :nacho@edu.xunta.es
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario